O Concello de Burela colabora cunha Ruta Ciclista que organiza o IES Perdouro o 19 de abril. Será un percorrido de pouca dificultade, de case 13 km, por Burela. Participarán alumnos deste IES así como calquera persoa que o desexe. Acudir é libre. Os que asistan só teñen que ir con bici e casco ás 12:20 ao IES Perdouro, xa que este será o punto de saída.
Colabora tamén Cerezo Bikes, que prestará axuda en caso de pinchazo ou avaría. Dende a Delegación de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anima a participar nesta Ruta Ciclista por Burela o vindeiro xoves, 19 de abril.