Xincana
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata de pasar unha tarde gozando da natureza e do deporte. Coa axuda dun mapa os participantes terán que percorrer unha serie puntos que aparecen nunha orde determinada. Cada quen escolle a ruta entre un punto e outro, tendo sempre en conta a información que atopará no devandito mapa”.
O edil ribadense contou que “se trata dunha proba por equipos que combina a orientación con mapa e diferentes probas denominadas especiais. O tempo máximo para facer o percorrido será de dúas horas e media”.
Silvent dixo que “a inscrición é gratuíta e pode realizar a través de www.xestanatureza.com Haberá catro categorías denominadas: Xestiñas, Xestas, Xesteiras e Chorima. Esta I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo...
leer másO Concello de Ribadeo, coincidindo coa celebración da décimo terceira edición do Ribadeo de Tapeo, organiza o vindeiro 16 de maio a partir das 20.30 horas nos locais participantes, a I GastroXincana.
Trátase dun xogo por equipos que consiste en superar unha serie de probas a través de pistas e que está dirixido a maiores de 18 anos. Os equipos estarán formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 compoñentes e o grupo que acade unha maior puntuación gañará unha cea para todos os membros do seu equipo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo gastroxincanaribadeo@gmail.com, onde se deberá informar do número de participantes, os nomes e un teléfono ou correo de contacto. As bases poden descargarse na web do Concello de Ribadeo na...
leer más