O Concello de O Vicedo organiza a XI Ruta dos Pinchos os días 4, 5, 12 e 13 de maio.
Os sete establecementos participantes servirán os seus pinchos a un prezo de 2 euros. O horario será os venres e os sábados entre as 20:00 e as 23:00 horas e o domingo de 12:00 a 15:00 h.
Haberá dúas rutas e a primeira terá lugar o venres 4 e o sábado 5. Nela participarán cafetería Casa da Cultura con tropical de polbo á prancha con triguero crocante, café-bar San Esteban con albóndigas sorpresa, La Bodeguita del Puerto con capricho de La Bodeguita, e merendero Los Árboles de Xilloi con tixoliña de torresmos.
A ruta continuará o sábado 12 e o domingo 13 en Chiringuito de Abrela en Suegos con brocheta de filete recheo de bacon e roquefort con polenta de parmesano, restaurante Area Grande de San Román con O de Sempre, e Casa Fanego en San Román con cachopo de merluza de Celeiro.
Haberá premio ao Mellor Pincho elixido polo público e o sorteo entre todos os votantes de dous xamóns, doados polos establecementos participantes.
A entrega do premio e o sorteo dos xamóns terá lugar o 14 de maio ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo.