Os Sendeiros de Foz realizará unha andaina solidaria o 7 de abril por Mondoñedo. A recadación irá destinada á asociación Síndrome de Fires.

A asociación Os Sendeiros de Foz realizará o 7 de abril unha andaina solidaria por Mondoñedo.

Esta andaina está promovida polo club Toxiza en Mondoñedo, e os fondos recollidos irán destinados á asociación Síndrome de Fires. O donativo dos participantes é de 6 euros, o autobús é de balde. O ingreso debe facerse en conta bancaria e o prazo é ata o mércores 4 de abril.

As inscricións poden facerse nos teléfonos 676 561 594 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es

A saída será o sábado 7 de marzo, ás 15:00 horas, do Concello de Foz. A ruta ten unha lonxitude de 8 quilómetros e é fácil para que poida ir toda a familia. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo.