O Vicedo
O Concello de O Vicedo programa a representación da obra infantil "O vixilante dos soños", a cargo de Ubú Teatro. A función terá lugar este venres, 13 de novembro, na Casa da Cultura a partires das 16:45 horas, con entrada gratuíta.
Debido á normativa do covid, só poderán asistir un máximo de 60 persoas.
Colabora con esta actividade: Área de Cultura da Deputación de Lugo e o grupo Ubú Teatro.
O Concello de O Vicedo organiza un magosto que se celebrará este sábado, 7 de novembro, e que se desprazará polas parroquias para levar as castañas e celebrar a chegada do outono.
Ás 12:00 horas comezará o percorrido en Cabanas, no Cruce da Taberna; sobre as 12:45 horas chegará á Escola de Riobarba e, ás 13:30 á Igrexa de Mosende.
Pola tarde, ás 17:00 horas visitará a Escola Unitaria de Folgueiro, ás 17:45 na Igrexa de San Román e ás 18:30 no Campo da Festa de Negradas. O magosto continuará por Beronda onde estará ás 19:15, polo Centro de Saúde ás 19:45 e Cacheiro ás 20:00 horas.
Rematará a xornada polo Porto do Vicedo na intersección entre as rúas do Porto e Cidade de Mondoñedo ás 20:30 horas; na Escola ás 21:00 e na Igrexa ás 21:15 horas.
Os horarios son orientativos e manteranse...
leer másO Concello de O Vicedo e a APA organizan unha programación especial do Samaín, por mor do Covid, e convidan aos nenos e nenas a enviar fotografías relativas a esta data.
O Concello comunica que polas limitacións do Covid non se vai poder facer o tradicional percorrido polas rúas da vila. Por iso anima a tod@s a enviar unha fotografía da casa decorada con motivos do Samaín ou vestidos para a ocasión, ou un debuxo ou foto dunha cabaza pintada. A actividade está destinada aos nenos e nenas do Colexio do Vicedo.
As fotografías poden enviarse por mail a apuntes@concellodovicedo.org, antes do mércores 28 de outubro, ás 19:00 horas.
Todos aqueles que manden ese correo electrónico serán visitados na casa para recibir un agasallo especial Samaín....
leer másO Concello de O Vicedo programa para esta semana varias actividades culturais que comezan este xoves, 1 de outubro, ás 16:30 horas na Casa da Cultura, coa actuación de Larraitz Urruzola que presenta A festa dos monicreques.
Conta a historia dona Barriga Verde, unha pícara pandereteira, que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vence ao medo e ás inxustizas defendendo a súa integridade e amor propio fronte aos monstruos, ao amor, á morte e ata ao mismísimo demo.
O sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas tamén na Casa da Cultura, Expresión Produccións representa Que é o que preciso?. A obra, unha comedia de enredo, é para todos os públicos.
En ambos espectáculos a entrada é de balde e respectaranse as normas de prevención do Covid-19. As butacas están numeradas e serán asignadas a...
leer másO Concello de O Vicedo afronta esta nova semana coa segunda edición das Xeorutas e o espectáculo do Circo Chosco “Riscando o ceo”, dúas citas indispensables para toda a familia os días 19 e 20 respectivamente.
O mércores, 19 de agosto, ás 10 horas terá lugar a segunda edición das Xeorutas a cargo do xeólogo Fran Canosa. Nesta ocasión, os participantes poderán visitar e coñecer máis de cerca as praias de Area Grande e Xilloi. A actividade está pensada para toda a familia, con rutas fáciles para todas as idades e con desprazamentos pequenos que se farán en coches particulares. Esta nova edición das Xeorutas será gratuíta e terá prazas limitadas, polo que os interesados deberán apuntarse chamando ao teléfono 982 59 01 95.
Por outra banda, o xoves, 20 de agosto, ás 20 horas, O Vicedo acolle o espectáculo “Riscando o...
leer másO Concello de O Vicedo organiza este mércores, 12 de agosto, unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks. A ruta de sendeirismo comeza en Ponte Ulló para rematar en Ribeiras do Sor onde sae a ruta en kayak ata o Porto do Vicedo.
O xoves 13 ás 21:00 horas terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo. Celebrarase ademais un coloquio cos propios fotógrafos en torno ás imaxes presentadas.
O sábado 15 ás 10:00 horas, haberá unha ruta en kayaks con subida do río Sor. A saída será do porto do Vicedo e o final no entorno de Ribeiras do Sor. O prezo por persoa é 17 euros e a inscrición é obrigatoria para as actividades de natureza o teléfono 982 59 01 95.
Por mor das medidas sanitarias de prevención fronte ao Covid-19, haberá limitación de aforo a 20 persoas para as...
leer másO programa dará comezo o mércores, 5 de agosto, cunha ruta de sendeirismo dende a Ribeira do Bispo ata o Refuxio de Auga Caída de 12 quilómetros de percorrido. A saída será ás 9:30 horas en coches particulares dende a Casa da Cultura do Vicedo.
Tamén o mércores 5 ás 21:30 horas na Casa da Cultura, celebrarase o concerto 24 instrumentos musicais galegos a cargo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Trátase dunha viaxe a través dos instrumentos da tradición musical galega como distintos tipos de gaitas, a zanfona, acordeóns, requintas e frautas, ocarinas e asubios, así como unha grande variedade de percusións con bombo, tambor, pandeireta, pandeira, pandeiro, lata, tixola, tarrañolas ou o charrasco.
O mércores 12, ás 10:00 horas, haberá outra de ruta de sendeirismo por Ponte Ulló, Morgallón e as Ribeiras do Sor de 10...
leer másO concello de O Vicedo convoca unha nova edición do concurso de fotografía “Turismo en O Vicedo”, no que poderán participar tanto profesionais da fotografía como afeccionados e haberá ata 700 euros en premios. Os interesados terán ata o 11 de agosto para participar.
O tema escollido fará referencia a O Vicedo e a súa cualidade como destino turístico, contendo aspectos relacionados con isto: riqueza paisaxística, natural, cultural y/o artística de o municipio. Ademais, nas imaxes deberá apreciarse claramente que se trata de paisaxes, lugares, celebracións ou manifestacións culturais relacionadas con O Vicedo, ao indicar ónde e cándo foi tomada a fotografía en caso de que o sitio non sexa recoñecible.
As imaxes deberán ser necesariamente orixinais e inéditas, sen teren sido presentadas e/o premiadas noutro certame...
leer másEste mércores, 15 de xullo, celébrase a subida do río Sor en kaiaks.
A saída terá lugar dende o porto de O Barqueiro ás 10:00 horas e o regreso farase en furgonetas de Actividades Estaca desde Ribeiras do Sor. A duración aproximada será de dúas horas.
As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de O Vicedo e a través do número de teléfono 982 59 01 95.
Esta actividade enmárcase dentro dos Mércores de Natureza.
Os organizadores da Romaxe Viquinga de O Vicedo anuncian a cancelación da quinta edición desta festa que ía celebrarse os días 24 e 25 do vindeiro mes de xullo.
Dende a organización desta Romaxe comunican que “como ben saberedes, debido á pandemia que estamos a sufrir, temos o reto de acostumarnos a un novo xeito de afrontar a vida cotiá. As circunstancias actuais obrigan a cumprir protocolos en celebracións e eventos públicos, respectar aforos e, a maiores, aconsellan tomar decisións responsables coa situación económica sobrevida pola Covid-19”.
A organización da Romaxe Viquinga engade que “tendo valorado tódolos escenarios posibles e sendo consecuentes co anteriormente mencionado, vimos a anunciarvos a cancelación da V Romaxe Viquinga que se ía celebrar os días 24 e 25 de xullo. A partir de mañá afrontaremos o...
leer más