O Vicedo
O Concello do Vicedo presentou o cartel da segunda edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará na praia de San Román o vindeiro sábado 29 de xullo. O acto de presentación, que tivo lugar na Casa da Cultura do municipio, contou coa presenza de Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia; José Manuel Balseiro Orol, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Jesús Novo Martínez, alcalde do Vicedo; Mago Queiman e Andrea Pousa, directores artísticos do espectáculo; Iñaki Sagredo, arqueólogo; e Jesús Martínez, en representación da ACIA O Vicedo.
Na edición de 2017 a organización reforza a Romaxe Viquinga, cuxo pregón terá lugar o venres 28 de xullo a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo. Este mesmo día haberá ambientación musical polas rúas do Vicedo e os locais de hostelería ofrecerán unha ruta de tapas viquingas en...
leer másA X Ruta de Pinchos en O Vicedo celébrase os días 12, 13, 20 e 21 de maio.
As elaboracións dos nove establecementos participantes poden degustarse os venres e sábados entre as 20:00 e as 23:00 horas, e os domingos de 12:00 a 15:00 horas. O prezo do pincho é 1´5 euros e haberá premio ao mellor elixido polo público. Ademais sortearanse dous vales de compra de 100 euros entre todos os votantes, un por cada ruta, doados polos propios establecementos.
A primeira ruta ten lugar o venres 12 e o sábado 13 en Cafetería Casa da Cultura, Mesón O Remo, Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto e Merendero Los Árboles.
A segunda ruta desenvólvese o sábado 20 e domingo 21 en Chiringuito de Abrela en Suegos, Restaurante Area Grande e Casa Fanego en San Román, e Café-Bar Alba e O Folgueiro.
A...
leer másA ACIA de O Vicedo organiza a Xornada Gastronómica da Ostra que se celebrará os días 29 e 30 de abril, e 1 de maio.
Durante eses días poderá degustarse a ostra en distintas elaboracións a un prezo de 5 euros a ración.
Os locais participantes son La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo, Cafetería Casa da Cultura, Merendero Los Árboles en Xilloi, Casa Fanego e Restaurante Area Grande en San Román, e Café-Bar Alba.
Colaboran na celebración destas xornadas o Concello de O Vicedo, o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo da Unión Europea.
A asociación Nordés Faladora organiza unha viaxe a Lugo o 22 de abril para visitar o Museo Provincial e a Catedral ademais do Castro de Viladonga e Fonmiñá.
A xornada comezará coa visita guiada que os participantes realizarán a partires das 11:00 horas ao Museo Provincial e posteriormente á Catedral de Santa María, onde se poden atopar os estilos románico, gótico, barroco, renacentista e neoclásico.
Durante a tarde, a partires das 16:00 horas, desprazaranse ao Castro de Viladonga que foi habitado entre os séculos II e V d.c., á Lagoa de Fonmiñá e ao Pedregal de Irimia, nacementos do río Miño.
A última parada do percorrido no Mosteiro de Santa María de Meira, farase se dá tempo xa que o horario estimado de volta cara O Vicedo e O Barqueiro é ás 20:00 horas.
A...
leer másA Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o tradicional campionato de tute que terá lugar os días 8 e 9 de abril.
Trátase dunha actividade sociocultural máis ca un torneo propiamente dito xa que se desenvolverá en dúas tardes para facilitar a participación da xente en xeral en lugar de ser un maratón dos que se organizan na comarca.
O torneo comezará ás 15:30 horas do sábado ata as 21:00 horas, e retomarase a tarde do domingo coas fases finais.
A inscrición é de 30 euros por parella e pode facerse no número de teléfono 982 59 01 95.
Os premios serán para os gañadores o 60% da recadación e trofeos, para os subcampións o 30% da recadación e trofeos, e para os terceiros clasificados o 10% da recadación e trofeos. Ademais haberá trofeos para as dúas primeiras parellas...
leer másNordés organiza unhas xornadas que pretenden ser un punto de inflexión para a esta zona. “Dende o século XIX o eucalipto comeza a expandirse pola zona costeira do Ortegal e A Mariña substituíndo ao bosque autóctono e aquelas parcelas dedicadas a cultivos e pastoreo que quedan sen uso. A rendabilidade económica do eucalipto ante outras especies fixo que na paisaxe costeira se convertese no rei. Mais.. Por qué? Era realmente a única alternativa? Existen hoxe en día outras que beneficie a propietarios e medio ambiente? A quen é favorable a lexislación actual? Como deberíamos interpretala?”, sinalan desde Nordés.
Os organizadores explican que “para responder a estas preguntas e achegar a toda a poboación as posibilidades que existen hoxe en día en canto ao aproveitamento do noso monte, organizamos as seguintes charlas para a xornada do sábado...
leer más