Prazo
A Escola Municipal de Música de Xove ten aberto o prazo de matrícula para o presente curso ata o vindeiro día 30 de setembro. Poden inscribirse a partir de maiores de catro anos ou que cumpran esa idade no 2024.
O impreso de solicitude poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargalo da web www.xove.es e entregalo cuberto no mesmo Rexistro ou ben mediante a sede electrónica do Concello de Xove como instancia xeral e adxuntando a ficha de solicitude cuberta. O número de prazas é limitado.
O día 3 de outubro farase público o listado definitivo de admitidos na Escola Municipal de Música de Xove para o curso 2024-25. As persoas interesadas poden obter máis información en xulianogueira@gmail.com
Como en anos anteriores e ata o 15 do presente mes de setembro, ábrese o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Burela.
Para formalizar a inscrición as persoas interesadas deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10:00-14:00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola.
Durante este curso, como en anos anteriores, a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.
... leer másAta o 29 de setembro vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2023-2024 na Escola Municipal de Música de Xove. Todos os alumnos/as que queiran preinscribirse deberán presentar o impreso cuberto no Rexistro Municipal en horario normal de oficinas (de 8:00 a 14:00 horas) para formalizar a súa preinscrición ou tamén enviando o impreso cuberto ao correo electrónico carolina@xove.es. O impreso de preinscripción o poden recoller nas oficinas do Concello o na web do Concello www.xove.es.
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.023/2.024. O pago da matrícula farase mediante o Acordo Regulador do prezo público: “O pago da...
leer másA Escola de Música de Lourenzá te aberto ata o 30 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2023-24, no que se aceptará o alumnado por orde de inscrición e terán preferencia os alumn@s de cursos anteriores.
Na escola de música laurentina ofrecen ensinanzas de frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, batucada, gaita galega, piano, acordeón, guitarra, música e movemento (para maiores de 3 anos), linguaxe musical, conxunto tradicional e banda de música.
Os interesados poden contactar a través do correo electrónico bandademusicadelourenza@gmail.com ou do teléfono 618.43.50.83.
Desde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2023/2024 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.
No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda.
Ata o 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Burela para as persoas que xa son alumnas e alumnos do centro, segundo informa a Concellería de Cultura.
E do 1 ao 15 de xullo será o prazo para o novo alumnado. Ademais do 1 ao 15 de setembro ábrese un período para as prazas libres que puidesen quedar.
Desde a Concellería de Cultura indican que “os prazos e as taxas de pago seguirán sendo os mesmos que ata o de agora, polo que no caso de renuncia poderá facela efectiva, coma en anos pasados, ata o 30 de setembro, anulando deste xeito o proceso de pago”.
José Díaz, o concelleiro de Cultura, anima “á xente a matricularse na nosa Escola de Música, dado o nivel altísimo que está acadar ano tras ano, e que se vai consolidando co paso do tempo. É moi importante a...
leer másO vindeiro luns, 22 de xuño, ábrese o prazo para a renovación das matrículas do alumnado da EMMeD para o curso escolar 2020/2021.
Hugo García, responsable da Escola, sinala que “tras este remate de curso a distancia, dado que a Consellería de Educación non autorizou a apertura deste tipo de centros, xa se está a traballar na organización do próximo curso e na adaptación das instalación para adecuarse á nova normalidade”.
E subliña que “este ano, como novidade e para garantir a seguridade de todas as persoas, a matrícula realizarase de xeito telemático, inclusive o pago das taxas. Así as persoas usuarias deste servizo non terán que desprazarse ata o centro, como viña sendo habitual. A renovación destas matrículas poderase facer dende o 22 de xuño ata o 22 de xullo, ambos inclusive”.
García...
leer másDende o 1 ata o 29 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2017-2018 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.
Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
A primeira semana de outubro fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.017/18.
Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a...
leer más