O Concello de O Vicedo programa para esta semana varias actividades culturais que comezan este xoves, 1 de outubro, ás 16:30 horas na Casa da Cultura, coa actuación de Larraitz Urruzola que presenta A festa dos monicreques.
Conta a historia dona Barriga Verde, unha pícara pandereteira, que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vence ao medo e ás inxustizas defendendo a súa integridade e amor propio fronte aos monstruos, ao amor, á morte e ata ao mismísimo demo.
O sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas tamén na Casa da Cultura, Expresión Produccións representa Que é o que preciso?. A obra, unha comedia de enredo, é para todos os públicos.
En ambos espectáculos a entrada é de balde e respectaranse as normas de prevención do Covid-19. As butacas están numeradas e serán asignadas a cada persoa para garantir as distancias de seguridade. Ademais ordenarase a entrada e saída do salón de actos para que non haxa aglomeracións e será obrigatorio o uso de máscara durante toda a representación.