Febreiro
A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE) organiza a terceira edición do mercadillo “Ámate como eres”. Será en Xove este mércores, 14 de febreiro, de 10:00 a 20:00 horas.
A asociación explica que este mercadillo “nesta ocasión estará nun novo emprazamento: Concello de Xove (ao carón do Centro Cívico). Agradecemos enormemente a boísima acollida e a axuda prestada polo Concello de Xove”.
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá este domingo, 4 de febreiro, ás 20:00 horas a representación da obra titulada Made in Galiza, a cargo de Sarabela Teatro.
Esta obra, de Sechu Sende, está dirixida por Fina Calleja e protagonizada por Fernando Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.
O prezo da entrada xeral é de 5 euros, mentres que para persoas desempregadas, xubiladas ou estudantes é de 3 euros.
Esta actividade está incluída na programación cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2024.
O grupo de teatro Lume Escénico, da Pontenova, representará na Casa da Cultura de Trabada a obra titulada “Pontenova Fassion Wiii” este sábado, 3 de febreiro ás 21:00 horas.
Trátase dunha comedia para todos os públicos escrita por Guillermo Cancelo e a sinopse é: “A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección”.
Febreiro é o mes gandeiro no Valadouro. As actividades a desenvolver están organizadas polo Concello e pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
O 4 de febreiro terá lugar a IV Feira de Razas Autóctonas, que dará comezo ás 10 da mañá e que vai repartir máis de 5.000 euros en premios. A inscrición está aberta ata o día 1.
O 11 están programadas conferencias agrogandeiras desde as 10 da mañá. Tamén haberá competicións de cabalos: concurso de andadura galega. E desenvolverase unha Ruta de Tapas con carne de razas autóctonas.
E o 18 celebrarase a Feira de Gando, tamén a partir das 10 mañá. O evento repartirá máis de 1.000 euros en premios. A inscrición pódese facer ata o 15 de febreiro.
Desde o Concello sinalan: “vai chegar febreiro, o mes gandeiro por...
leer másO vindeiro martes, 22 de febreiro, ás oito da tarde terá lugar unha audición de frauta na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Orquestra.
O director do centro, Xan Carballal, comenta que “a actividade enmárcase dentro da programación deseñada para o presente curso académico 2021-2022”.
E o mércores, día 23, haberá unha audición de vento metal ás 19:30 horas.
A Casa da Cultura de Burela acolleu a inauguración da exposición titulada Gromo de Eloy Hermida, que se poderá visitar ata o 28 de febreiro.
Gromo é un proxecto artístico composto por diversas obras que teñen como eixo central a mitoloxía e paisaxes galegas. O noso folclore sempre serviu para representar os medos e frustracións da sociedade galega, neste caso revivimos estes mitos para simbolizar as preocupacións máis contemporáneas. Galicia conta cun folclore tan extenso e rico coma as súas terras pero hoxe en día estase a desvanecer pola perda da súa tradición oral. O obxectivo de Gromo é achegar de novo as historias que inundaron os nosos pobos á súa xente, dándoo a coñecer ás novas xeracións por medio da súa linguaxe artística.
A mostra permanecerá na sala de arte da Casa da Cultura de Burela durante todo o...
leer más