O Vicedo

07/06/2021

A Casa da Cultura vicedense acollerá o 12 de xuño a presentación do libro "Sucesos marítimos do Porto do Vicedo", de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recompilar información de diferentes fontes e que teñen como punto en común a zona marítima do Vicedo ou protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo.

A presentación será este sábado, 12 de xuño, ás 12 da mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura e contará coa presenza do propio autor, Hixinio Puentes, e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo. 

Debido ás limitacións sanitarias da COVID-19 o aforo será limitado.

13/05/2021

A Biblioteca de O Vicedo celebra o día 14 de maio o Día das Letras Galegas ademais do Día do Libro Infantil e o Día das Bibliotecas.

Este venres, 14 de maio, ao longo da tarde, na Biblioteca do Vicedo expedirase o carné de biblioteca gratuíto que servirá tamén para calquera biblioteca da comarca e do resto de Galicia.

Ademais entregarase un pequeno agasallo para cada neno e nena que ese día se pase pola Biblioteca do Vicedo.

Esta actividade está organizada coa colaboración do Concello de O Vicedo e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

 

14/04/2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron hoxe á colocación dunha campá no Fuciño do Porco que forma parte dunha iniciativa de promoción turística impulsada conxuntamente polos concellos do Vicedo e Portomarín. Tamén estiveron os respectivos alcaldes, Jesús Novo e Juan Serrano.

Así, o novo elemento instalado hoxe, procedente dun barco pesqueiro, irá acompañado dunha placa que advirte de que aqueles que toquen a campá adquiren a “obriga” de visitar Portomarín. Neste municipio xa hai outro sino idéntico que anima a ir ao Vicedo.

Arias destacou o feito de que ambos municipios se puxesen dacordo para impulsar “esta singular iniciativa” que, de seguro,  vai incentivar o “tránsito de visitantes entre os dous concellos, entre o interior...

leer más
Etiquetas:
10/04/2021

Esta semana...teatro. Unha nova representación teatral na Casa da Cultura. Nesta ocasión son os compoñentes do grupo de teatro da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña os que se achegan a representar a obra infantil: "A maxia dos sentimentos". 

Trátase dunha oportunidade de pasar unha boa tarde de domingo en compañía do teatro.

Será mañá, 11 de abril, ás 19 horas. A entrada é gratuíta e está limitada a 60 asistentes polas normas sanitarias pola COVID-19.

 

07/04/2021

A narradora Antía Vázquez protagonizará unha sesión de contacontos, dirixida ao alumnado, na que recreará a historia da Apalpadora, unha personaxe do Nadal que este ano retrasou a súa chegada ata a primavera.

A actuación terá lugar no Parque de San Francisco, en Ribadeo, ou no Teatro en caso de mal tempo, ás 17:30 horas o vindeiro domingo, 11 de abril.

E grupo de teatro A Mariña representará a obra A maxia dos sentimentos. A actuación terá lugar tamén o vindeiro domingo, día 11, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.

A obra céntrase na importancia de manifestar os sentimentos nas relacións cos demais.

Ambas citas inclúense nas actividades promovidas pola Área de Cultura da Deputación en colaboración con Concellos e asociacións.

 

Etiquetas:
08/03/2021

Nova actividade na Casa da Cultura para esta semana. Neste caso, organizada por Educando en Familia, o contacontos Caxoto presenta o seu espectáculo para nenos de ata 5 anos de idade. 

Será o venres, 12 de marzo, ás 16:30 horas na Casa da Cultura. Debido ás restricións da COVID-19 o aforo está limitado a 60 persoas. Entrada libre e gratuíta.

 

Etiquetas:
05/03/2021

Mañá, sábado, terá lugar no Vicedo a representación da obra "La Pimentera" na que se aborda unha temática moi interesante no marco do 8m: O papel das mulleres nos pobos. 

Será ás seis da tarde na Casa da Cultura. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19.

 

Etiquetas:
17/02/2021

Desde a organización sinalan que “coma outros concellos de Galiza, #Mañón, O #Vicedo e #Ortigueira levan moitos anos sofrindo perda de poboación pola emigración da xuventude e un crecemento vexetativo negativo. Paralelamente, a taxa de envellecemento vai en constante crecemento, aínda que, por outra banda, a porcentaxe de homes e mulleres en idade laboral sitúase arredor do 55% nos tres concellos onde desenvolve a súa actividade Nordés, e para quenes van destinadas as xornadas organizadas baixo o título de “Alternativas do rural” dende o ano 2018: falamos de diferentes proxectos de traballo no sector primario, do potencial da xestión comunal dos montes ou das persoas que decidiron dotar de servizos ao rural. As “alternativas” naceron cos obxetivos de transmitir a necesidade de recuperar o rural, de manter os coñecementos de miles de anos de evolución que deron...

leer más
Etiquetas:
05/01/2021

Esta semana en O Vicedo haberá música e humor. O Grupo Píscore presenta o "Concerto Singular", que tivo que ser aprazado hai 15 días. Finalmente será este sábado, 9 de xaneiro, ás 18:30 horas na Casa da Cultura. 

Debido ás normas sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia o aforo está limitado a 60 persoas.

 

Etiquetas:
29/12/2020

O Concello de O Vicedo continúa coa súa programación de Nadal coa actuación do Mago Deimi, que terá lugar o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

Trátase dun espectáculo de maxia variada e divertida, moi dinámica e cun toque de humor e desenfado que encaixa á perfección co público familiar. Destaca a técnica deste mago con moita experiencia e dilatada traxectoria en cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, levitacións, aparicións e desaparicións, maxia con lume e transformacións, entre outros. Toda a montaxe está acompañada de grandes doses de retranca e música de fondo para marcar o ritmo dun espectáculo no que é fundamental a participación do público.

Manteranse as medidas establecidas por Sanidade e o aforo estará limitado a 60 persoas ás que se lles vai ir asignando butaca...

leer más