O Vicedo
O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa venres e sábado con catro novas proxeccións de películas en galego en Parga (Guitiriz), O Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín), San Román (O Vicedo), Castro de Rei, Pías (Lugo) e Loseiro (Sarria).
BELLA E O CIRCO MÁXICO | Guitiriz
Venres 16 de setembro | 10:00h | CEIP Santo Estevo de Parga
CUÑADOS | Ribeira de Piquín
Venres 16 de setembro | 21:00h | Praza de Chao de Pousadoiro
CUÑADOS | O Vicedo
Sábado 17 de setembro | 21:00h | Explanada da praia de San Román
O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA | Castro de Rei
Sábado 17 de setembro | 22:00h | Campo da Feira
VALENTINA I Lugo
Domingo 18 de setembro I 17.00h I Exterior da...
Outro ano máis, e xa van 12, chegan as Xornadas “Memoria dun Tempo” organizadas por Nordés, Asociación polo Desenvolvemento das Terras da Faladora.
Unha ducia de edicións nas que, co obxectivo principal da divulgación e recuperación da memoria histórica, puidemos contar con relatorios, audiovisuais, música e poesía para darlle forma aos contidos de cada unha das xornadas.
Desde Nordés sinalan que “nesta traxectoria fomos vendo como outras formas de expresión artística estaban a ter cada vez maior importancia nesta difícil labor da recuperación da memoria histórica, que Nordés ten asumido xunto outros nas bisbarras do Ortegal e A Mariña Occidental. Así, por exemplo, dende a Banda Deseñada ano tras ano xorden propostas novedosas, imaxinativas e creativas que ao tempo veñen rescatar do esquecemento feitos e personaxes desde a súa propia linguaxe”.
...
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este mércores no edificio administrativo da Xunta en Lugono acto de presentación da V Romaxe Viquinga do Vicedo, que terá lugar esta vindeira fin de semana. A institución provincial, subliñou García Pernas, colabora con esta “festa xa emblemática e de referencia no calendario festivo da comarca da Mariña e de toda a provincia de Lugo” a través do Plan Único, que inclúe para este evento un importe de 27.211€. O Deputado enmarcou este apoio “dentro da nosa clara liña de cooperación cos concellos e co tecido asociativo para dinamizar a vida social e económica da provincia, e para consolidar o modelo de turismo que defendemos. Un turismo de calidade e sostible, con capacidade para atraer visitantes todo o ano, que pon en valor o noso patrimonio, e que crea riqueza e emprego, sobre todo no noso rural...
leer másO vindeiro domingo, 17 de xullo, regresa ao ao Vicedo unha festa que tiñan moitas ganas de volver a organizar: a do Turismo Rural, que chega á súa edición número 22. Celebrarase no parque eólico de Riobarba.
O programa comeza as 12:30 h con misa en honor a San Vicente de Francos, á que sigue a degustación de produtos típicos as 14:30. As 17:00 horas terá lugar o campionato ecuestre, que conta con 1.740€ en premios, quen se entregarán a partires das 18:30 horas. Por último ás 19:30 dará comezo o baile.
O evento está organizado polo Concello do Vicedo.
O Concello de O Vicedo acollerá na Aula Cemit, situada na Casa da Cultura, cursos gratuítos de mecanografía, informática e ofimática para nenos/as maiores dos 7 anos.
Os cursos faranse en varios grupos. O primeiro será de mecanografía e informática para nenos de 7 a 9 anos. Realizarase en horario de 10:30 a 11:30 horas os luns, martes e xoves, e de 11:30 a 12:30 horas os xoves.
O segundo grupo será de mecanografía e ofimática para nenos de 9 a 12 anos. Realizarase en horario de 11:30 a 12:30 horas luns e mércores e de 12:30 a 13:40 horas mércores e xoves.
Quedan poucas prazas dispoñibles. Para inscribirse ou para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 590 195
Un verán máis o Concello de O Vicedo organiza os mércores de natureza, un programa no cal levan a cabo diversas actividades durante o mes de xullo. Comezaron o pasado mércores 6 na praia de Arealonga e continúan cunha actividade xa tradicional: a ruta de kayaks.
Comezará ás 11 horas, saíndo dende o porto pesqueiro do Vicedo para cruzar a ría, pasar diante do porto do Barqueiro, Pontes sobre o Río Sor, Illa de S.Martiño, Área recreativa de Ribeiras do Sor e Ponte de Ribeiras do Sor.
O prezo é de 17 euros por persoa. Os interesados en acudir deberán anotarse chamando ao teléfono 982 590 195 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org
Desde a organización animan á participación: “non dubides en apuntarte e crear un equipo cos teus amigos para pasalo ben co mellor deporte. Haberá premios en metálico para os gañadores”. E haberá trofeos para os máximos goleadores, para os mellores porteiros e para o xogador máis veterán.
Os partidos serán no Campo Boavista Folgueiro.
Os eventos están organizados pola Unión Deportiva Folgueira e colaboran o Concello do Vicedo e a Deputación de Lugo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no Vicedo na presentación da V Romaxe Viquinga que se celebrará na praia de San Román os días 29 e 30 de xullo. Xunto co alcalde, Jesús Novo, Arias subliñou o impulso que infunde este evento ao desenvolvemento turístico do municipio pese á súa corta traxectoria.
Neste sentido, o delegado lembrou que as campañas da Xunta Camiña a Galicia e Galicia Destino Seguro “axudaron xa o pasado ano a atraer turismo, e confiamos en seguir mellorando as cifras de visitantes grazas a una oferta baseada no patrimonio natural e cultural, con destinos non masificados e propostas diferenciadas como esta romaxe”.
A romaxe comezará o sábado 30 de xullo a partir das 10,30 horas coa apertura dos campamentos, e inclúe a recreación do desembarco viquingo e da batalla,...
leer másDesde Nordés Faladora sinalan: “como ben sabedes, a pandemia cambiou a nosa forma de vida neste último ano e medio en moitos aspectos, sendo no campo das relacións sociais onde podemos dicir que o prexuízo foi maior, limitando a interacción entre persoas que tan necesaria é para os seres humanos en xeral e para as crianzas en particular. Unha das consecuencias das restricións sanitarias foi a interrupción das actividades lúdico-pedagóxicas que Nordés viña organizando regularmente en colaboración cos colexios de O Vicedo e Mañón ata a chegada da COVID-19”.
E subliñan que “agora, coa case total desaparición das restricións, é o momento en que Nordés volve a propoñer a realización de actividades nas que desexamos contar coa participación da rapazada xunto coas súas familias e así recuperar dinámicas relacionadas coa natureza e a súa...
leer másA VII Ruta Cabalar do Vicedo desenvolverase o 4 de xuño. Está organiza pola asociación de Cabaleiros Rías Altas, do Vicedo, e conta coa colaboración do Concello vicedense, do Mesón O Remo e o restaurante Area Grande.
A saída será ás 10 da mañá desde a Casa da Cultura / Mesón o Remo.
A inscrición poderá realizarse ata o 1 de xuño nos seguintes teléfonos: 677 452 735 (Alejandro) e 652 399 628 (Óscar). Haberá xantar ás tres da tarde, que estará amenizado por un dúo musical. O prezo será de 20 euros por persoa.
Desde a organización subliñan que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.