O Vicedo
A curtametraxe Jakobsland presentarase o sábado 9 de abril ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo. Para asistir é necesario anotarse na Casa da Cultura ou por teléfono (no 982.59.01.95) ou por mail en omix@concellodovicedo.org.
Jakobsland e unha produción de Queiman e Pousa dirixida por Roque Cameselle rodada nos concellos de O Vicedo e Mañón e xa foi presentada en Santiago. Do elenco forman parte actores como Isabel Blanco, Bruxo Queiman, Alfonso Agra, Sergio Pazos e Andrea Pousa.
A Comisión de Festas do Carme do Vicedo organiza un cocido popular que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.
A festa dará comezo ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo de JM. O menú estará composto por sopa de cocido, cocido, refrescos e viño, postres, cafés e chupitos. O prezo é de 25 euros.
As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 22 de febreiro, nos números de teléfono: 669 870 888, 605 503 760 e 670 418 709. Será necesario presentar el certificado de vacunación contra el covid-19.
Haberá carpa climatizada e a partir das 18:30 horas festa rachada con JM.
A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o vindeiro domingo, 26 de decembro, ás 19:00 horas o espectáculo de Avelino González "Contos de boa xente".
Como di o propio Avelino González: “a última vez que fun famoso foi porque facía de Miñato na serie Padre Casares e agora conto historias sen pantalla polo medio. As historias son para todos os públicos e segundo o público que haxa conto unhas ou outras. Nestes días que non sabemos se imos para adiante ou para atrás, os contos son seguros e divertidos”.
A Mariña en Ruta rematará este próximo sábado, 4 de decembro, co roteiro Camiñando entre volcáns, guiado por terras do Vicedo polo xeólogo Fran Canosa, actividade completa e que abriu lista de agarda hai semanas.
A última andaina desta edición de A Mariña en Ruta comezará na praia de San Román, desde onde os asistentes divisarán a cruz que lembra o naufraxio do Drácula, un impresionante mirador que servirá para observar a paisaxe desta contorna xeolóxica. Nesta ruta verán como se orixinaron os acantilados ou a Illa de Coelleira e descubrirán rochas do fondo mariño con máis de 400 millóns de anos de antigüidade. No areal poderán observar tamén formas xeolóxicas volcánicas.
A xornada deste pasado sábado, 27 de novembro, de A Mariña en Ruta levou aos participantes a coñecer a paisaxe cultural de San Tirso de...
leer másO Club Clásicos de O Vicedo organiza, en colaboración co Concello, o 20 de novembro a súa primeira concentración de coches clásicos.
Dará comezo ás 10.00 horas no muelle do Vicedo coa recepción dos vehículos, para poder desfrutar dos mesmos. Xa a media mañá comezará a ruta e ás 14.00 horas será o xantar.
Para participar no xantar é preciso reservar chamando aos teléfonos 626 836 946 ou 679 763 191. O prezo é de 25 euros. As prazas son limitadas.
Esta semana volve o teatro á Casa da Cultura de O Vicedo.
O sábado, 13 de novembro, ás 20 horas O Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, representará a obra “A Tortilla e a Peste”.
Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.
A entrada é gratuíta.
Ao abeiro do ciclo de Monicreques 2021 da Área de Cultura da Deputación de Lugo este sábado, 23 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo estará Trécola Producións co seu espectáculo “Show de Barallocas”.
Barallocas é un ser despistado e apaixoado que en cada obxecto, sombra ou mesmo na palma da man atopa un xogo. Unha ilusión que vai medrando ata que enreda e esvara con todo conseguindo chegar á maior desfeita endexamais imaxinada.
A entrada é de balde. Organizan: asociación de veciños de San Román e Casa da Cultura de O Vicedo.
O circuíto de teatro profesional Aparte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo fai parada este sábado na Mariña. O Vicedo acollerá a obra “Pinconus” de Hipócrita Teatro, na que a música e o humor xúntanse en escena para narrar as aventuras e desventuras dos protagonistas.
A montaxe, destinada a público de todas as idades, envolve ao espectador nunha viaxe cara un lugar ao que todos queren ir, pero moi poucos se atreven: Pínconus. Sucederanse unha serie de estratexias por parte das personaxes que interpretan Ana Carreira, Carlos Rebolo, Marga Portomeñe e Carlos Coira.
Unha comedia musical para toda a familia que non deixará indiferente a ninguén, con texto e dirección de José Campanari e música de Piti Sanz. A representación será ás 20 horas na Casa da Cultura do Vicedo.
A Casa da Cultura de O Vicedo acolle este xoves, 7 de outubro, ás 16:45 horas, o espectáculo infantil A Caixa sen Pandora, dentro do programa Ler conta moito.
Trátase dunha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho que propón metaforicamente que pasaría se Pandora non abrise a caixa, entendendo que abrir a caixa é a loita das mulleres pola igualdade.
O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos.