O Vicedo

Etiquetas:
21/09/2021

Esta semana, na Casa da Cultura, actuará Cirkote, trátase dun espectáculo de malabares. A función será o próximo xoves, 23 de setembro. a partir das 16:30 horas. Trátase dun bo plan para comezar a tarde despois dunha mañá de traballo na escola. A actividade enmárcase no programa Culturactiva.

De Cirkote dise: “Cirkote, circo de calle y teatro, malabares y humor, sobre todo mucho humor. KOTE MALABAR lleva cerca de 20 años haciendo reír y disfrutar a todo tipo de públicos en infinidad de actuaciones por fiestas, ferias, festivales y demás actos lúdicos y de entretenimiento. En el espectáculo combina técnicas de circo, clown y teatro cómico y de participación, en una relación directa actor-público en un espectáculo en el que puede pasar de todo, incluso que tu acabes siendo la estrella de la función”.

Etiquetas:
24/08/2021

Seguen os mércores na natureza no Vicedo. Esta semana toca Baixada do Río Sor en Kaiaks. 

Desde a organización sinalan que “encaramos a última semana completa de agosto cunha ruta tradicional pero moi divertida: A Baixada do Río Sor en kaiaks. Será o mércores ás 10:30h (punto de encontro no Porto do Barqueiro) e quedan poucas prazas dispoñibles para poder participar. En todo caso, haberá outra baixada do Sor o mércores 1 de setembro, neste caso en horario de tarde”. 

 

17/08/2021

Este xoves, día 19 de agosto, ás 21:30 horas haberá un concerto na terraza da Casa da Cultura de O Vicedo a cargo de Acordeireta, un grupo formado por Patricia González e Alejandro Balbuena.

Coa música do acordeón e da pandeireta acompañados polas súas voces ofrecerán un concerto moi variado de música galega.

Para asistir a esta actuación a entrada é libre ata completar o aforo.

Etiquetas:
10/08/2021

Este venres, 13 de agosto, a charanga feminina Brassica Rapa amenizará a tarde noite do Vicedo cos seus ritmos pegadizos polas rúas e locais hostaleiros do núcleo do Vicedo. Será a partir das 21 horas.

E o xoves 12 ás 20:30 horas na Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turística Concello de O Vicedo, neste caso dedicado ao patrimonio histórico. O prazo de presentación de fotos remata ás 14 horas deste martes, día 10.

Etiquetas:
26/07/2021

O mércores ás 10:30 horas, aínda queda algunha praza libre, para a xeoruta que guiará o xeólogo Fran Canosa nas praias de Area Grande e Xilloi. A actividade é gratuíta. 

Por outra parte, o sábado ás 22 horas, na explanada do antigo varadoiro, terá lugar o espectáculo de Andrea Pousa: "Retorno". Cumpriranse todas as medidas de aforo e distancia establecidas nas normativas da Xunta de Galicia. Esta actividade tamén é gratuíta.

 

Etiquetas:
13/07/2021

Desde o Concello sinalan: “comezamos unha nova semana con actividades, nesta ocasión concentradas no mércores 14. Ás 20 horas teremos música rock infantil con Paco Pakolas e Laura Romero co espectáculo Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita. Trátase dun espectáculo de animación á lectura subvencionado pola Xunta de Galicia en Ler Conta Moito”. 

E engaden: “e ás 22:30 horas será a ruta nocturna que parte da zona da ponte sobre o río Sor e remata na praia de Xilloi con chocolatada opcional por 2 euros. Unha actividade para toda a familia para as noites de verán. Inscricións no 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org”. 

Etiquetas:
11/07/2021

Un ano máis chega o Concurso de Fotografía "Turismo O Vicedo", que este ano trae novidades .

O tema de este IV Concurso é o patrimonio histórico, entendendo por isto monumentos, igrexas, pontes ou elementos da arquitectura popular como cabozos, muíños, cruceiros, fontes, refuxios ou lavadoiros.

En total vanse repartir 650 euros en premios. A presentación de traballos remata o 10 de agosto. 

Bases do concurso en galego: https://drive.google.com/.../12WVBNigOJfHgNflyL2U.../view... 

Etiquetas:
02/07/2021

O Concello de O Vicedo presentou a súa programación sociocultural para este mes de xullo que dará comezo o vindeiro luns, día 5 de xullo, coa semana gratuíta de iniciación ao kaiak para xoves do Vicedo de 10 a 18 anos.

O día 7 de xullo ás 16:30 horas terá lugar a presentación dos mércores de natureza con táboas paddle sup e kaiaks pola costa de O Vicedo. O punto de encontro estará na praia de Arealonga. A idade mínima dos participantes é de 12 anos e haberá un prezo especial de inicio de 10 euros.

O 14 de xullo ás 22:30 horas celebrarase unha ruta de sendeirismo nocturna que discorrerá pola Ponte sobre o río Sor, Vicedo e Xilloi, cunha lonxitude de 7 quilómetros. A saída será desde a Ponte e opcionalmente, ao remate, haberá un chocolate/refresco/cervexa en Merendero Los Árboles. O prezo será 2 euros por persoa....

leer más
01/07/2021

O mes de xullo do 61 quedou marcado a madeira, morte e salitre na memoria colectiva dos pobos mariñeiros dende Brest ata Ferrol de tal xeito que agora, 60 anos despois, e cando xa moitos dos protagonistas que saíron con vida daquela terrible experiencia que foi pasar unha galerna non están entre nós, perviven na transmisión oral moitos feitos e anécdotas do acontecido en alta mar e nos portos aos que ían chegando barcos desfeitos e novas de vivos e mortos.

Como homenaxe a tódolos mariñeiros e ás súas familias, e co obxectivo de deixar para a posteridade en formato audiovisual as vivencias das xentes do mar da nosa contorna, Nordés veu a producir, en colaboración co Concello de O Vicedo, un documental que leva por título “Ecos da Galerna do 61”, realizado por Pinancho audiovisuais e que vai ser estreado os días 10, 11 e 17 de xullo nas...

leer más
Etiquetas:
26/06/2021

O Concello de O Vicedo organiza un curso de iniciación ao kaiak que se desenvolverá do 5 ao 9 de xullo de 17 a 19 horas.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 10 anos e que estean empadroados no Concello do Vicedo. Hai dez prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Esta debe facerse a través do teléfono 982.59.01.95.

A organización explica que é “unha actividade gratuíta para gozar da costa, das praias, da ría, do río Sor e de todo o entorno natural do municipio. Desenvolverase en diversas zonas, que irán variando en función das condicións meteorolóxicas”.