Mondoñedo

Etiquetas:
19/05/2021

Mondoñedo acollerá os vindeiros 25 e 26 de xuño un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela baixo o título de I Encontros Álvaro Cunqueiro. O camiño de quita e pon (1981-2021). O curso, no que colabora tamén o Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, conta amais coa axuda do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo. Estes I Encontros Álvaro Cunqueiro terán lugar no Auditorio Pascual Veiga, onde se reunirán ao longo de dúas xornadas unha trintena dos mellores especialistas na figura do grande escritor mindoniense.

Estes encontros han analizar a actualidade e a vixencia do legado de Álvaro Cunqueiro, do que agora que se cumpren os corenta anos do pasamento, os trinta anos da celebración do Día das Letras Galegas a el dedicado e os cincuenta anos da publicación de Xente de aquí e de acolá, entre outras...

leer más
Etiquetas:
14/05/2021

A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades desenvolvidas no programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e coa colaboración co Concello de Mondoñedo, inaugura a exposición Os Camiños de Carlos Casares o 15 de maio ás 12.00  do mediodía no Pazo de San Tomé, sito na rúa Julia Pardo Montenegro nº 13 de Mondoñedo.

A exposición, que está destinada a todos os públicos, permanecerá aberta ata o día 30 de maio, de luns a venres en horario de 9 a 15 horas. Recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe.

Xurxo Lobato é membro da Academia Galega de Belas Artes, premio Artes Plásticas Cultura Galega 2020, e premio Ortega y Gasset de El País, 2003.

As citas e textos...

leer más
Etiquetas:
03/05/2021

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora, a través da área de Deportes, coa Asociación Motorista Lucense na organización da Ruta Castrexa, que se celebrará o 29 de maio.

A proba, que puntúa para a Copa de España de Mototurismo, conta cun percorrido de 450 quilómetros, con punto de saída e chegada en Lugo e  cun itinerario que percorre distintas comarcas, seguindo o trazado de diferentes rutas xacobeas.

Ao longo do percorrido establécense dez puntos de selado e fotografía, lugares nos que as moteiras e moteiros terán que parar e selar os seus pasaportes de ruta para acreditar que completan a proba.

Os puntos de paso obrigado para as persoas  participantes son o Museo Juan López Mella -na cidade de Lugo-,O Cebreiro, Sarria, Portomarín, Friol,  o Castro de Viladonga -no concello de...

leer más
Etiquetas:
27/04/2021

Xa están á venda as entradas para o ciclo Schubert no Camiño, incluído nas actividades da oitava edición do Festival Bal y Gay. Será do 14 ao 16 de maio en Foz, Lourenzá e Mondoñedo e contará coas actuacións de 
Judith Jáuregui, Cosmos Quartet xunto a Fernando Arias e Christoph Prégardien xunto a Daniel Heide.

Todos os concertos serán presentados pola locutora de Radio Clásica
Clara Sánchez.

O venres 14 de maio ás 19:30 horas na Basílica de San Martiño (Foz) actuará Judith Jáuregui, que é unha das pianistas máis cautivadoras do momento e que foi recibida con entusiasmo en salas de referencia como o Auditorio Nacional de Madrid ou o Palau de la Música Catalana.

O sábado 15 ás 18:00 horas na Igrexa de San Salvador (Lourenzá) ofrecerá un concerto Cosmos Quartet, formado por...

leer más
25/04/2021

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, organiza durante os meses de maio e xuño obradoiros de vento madeira (clarinete, frauta traveseira, saxofón e oboe) e vento metal (trompeta, trombón, tuba e bombardino) para nenos e maiores. 

Os obradoiros, que serán impartidos por profesorado titulado e con ampla experiencia os xoves e os venres, comezarán o 6 de maio e rematarán o 25 de xuño.

A inscrición é gratuíta e os interesados en obter máis información poden contactar cos teléfonos 677.838.812 e 607.423.721

Etiquetas:
21/04/2021

O Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo 2021-2022, e que contará coa participación da actriz e humorista Sara Escudero, a poeta Yolanda Castaño e a regatista olímpica Ángela Pumariega. 

Así o anunciaban esta mañá en Lugo a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estiveron acompañadas na presentación polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Xacobeo Peregrinas é un perfecto exemplo do que está sendo a programación do Xacobeo 21-22: unha iniciativa descentralizadora, aberta e integradora, na que estamos a aproveitar as novas tecnoloxías para achegar novas perspectivas e experiencias arredor do Camiño de Santiago a...

leer más
Etiquetas:
20/04/2021

Este sábado, 24 de abril, en Mondoñedo celebrarase un taller de márketing dixital.

A actividade está dirixida a pequenos comercios e autónomos e será impartida por Fran Saura e Felipe Debasa. Dará comezo ás 19:30 horas e terá lugar no Pazo de Santomé, antigo centro comarcal, na rúa Julia Pardo.

As persoas interesadas pódense anotar no teléfono 982 50 71 77.

O taller está organizado pola Universidad Rey Juan Carlos, e colaboran o Concello de Mondoñedo e The Mondoñedo Valley. 

 

18/04/2021

O vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces. 

Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.

A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.

 

02/04/2021

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo inicia a partir do 10 de abril todos os sábados pola mañá roteiros de sendeirismo por Mondoñedo. Serán en grupos de seis persoas cun monitor que guiará as mesmas por distintos sitios do municipio.

O primeiro roteiro realizarase ao Mosteiro dos Picos e ao Castro de  Zoñán. 

Para apuntarse aos roteiros ou informarse as persoas interesadas poden chamar ao  teléfono 605.790.091 (Raúl).

 

01/04/2021

O Concello de Mondoñedo inmortaliza nun vídeo (https://youtu.be/aCnG5ZOUEb0) a Semana Santa do 2021 marcada pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19. A creación audiovisual da a coñecer as imaxes máis importantes da Semana Santa mindoniense, de interese turístico, que se concentran este ano no interior da Catedral de Mondoñedo.

“Trátase dunha exposición única, nunca vista, nun entorno tamén único como é a Catedral de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional en 1902 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015”, segundo destacan dende o goberno local.

A peza audiovisual de pouco máis de 3 minutos e medio comeza ensinando as tres obras escultóricas de Raimundo Rubal que adornan a entrada da Catedral de Mondoñedo.

Xa no interior, o...

leer más