Ata o 30 de novembro está aberto o prazo de presentación de traballos ao VI Concurso de Fotografía "O mellor recuncho de Mondoñedo".

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o VI Concurso de Fotografía "O Mellor Recuncho de Mondoñedo" baixo o lema "Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta" que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2022 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

O prazo de presentación de traballos remata o 30 de novembro. 
Accede ás bases:   https://bit.ly/3EqZClN