Mondoñedo

15/04/2020

A Asociación As San Lucas de Mondoñedo informa que “tristemente” este ano non poderán celebrarse as tradicionais Feiras e Festas das Quendas ante a situación que se está a vivir a causa da pandemia do Covid-19.

Dende a Asociación organizadora das Feiras e Festas consideran que o “prioritario neste momento é garantir a saúde e o benestar” tanto dos veciños e veciñas como dos “visitantes que anualmente se desprazan ata esta cita festiva”, que reúne en Mondoñedo a centos de persoas, atraídos por un completo programa de actos.

A organización envía “un forte agradecemento” a todos os profesionais “que día tras día están na primeira liña loitando contra esta pandemia e primando a nosa saúde e benestar”. A asociación traslada do mesmo xeito as súas condolencias a todos os familiares e amigos das persoas que...

leer más
18/03/2020

O Concello de Mondoñedo informa de que a Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar de Mondoñedo comunica a suspensión de todas as procesións de Semana Santa en Mondoñedo, como consecuencia do estado de alarma decretado a causa da crise sanitaria xerada polo coronavirus (COVID-19). O comunicado da Fraternidade vén a sumarse ao xa feito público pola diocese de Mondoñedo-Ferrol no mesmo sentido.

O presidente da Fratenidade, Valentín Ínsua Palacios, explicou que é a primeira vez que se suspenden a saída de todas as procesións na historia recente de Mondoñedo. Recordou que a Semana Santa mindoniense está declarada de Interese Turístico. Nesta ocasión o pregón da debía correr a cargo de Francisco Cal Pardo. Estaba previsto que a figura da Virxe estreara manto na procesión do Xoves Santo. Na do Ecce Homo debían estrearse novos estandartes,...

leer más
02/03/2020

A pre inscrición, por un prezo de 29 euros, está aberta ata este venres, 6 de marzo. Cada inscrición será de 32 euros e inclúe camiseta, pin e imán artesán do Alfar de Mondoñedo (As formas da Terra).

A concentración dará comezo o sábado 14 cun pincho de benvida a base de empanada de Mondoñedo e cervexa. A inscrición inclúe a cea do sábado con queimada e o almorzo do domingo 15, ademais de pinchos na ruta do domingo máis o xantar.

As actividades inclúen tamén un toro mecánico, animación, agasallos, o sorteo dun tatoo, música a cargo dun DJ durante toda a tarde e festa nocturna para todos a cargo do grupo Oca Band na praza da Catedral. Haberá carpa.

 

03/02/2020

O Casino de Mondoñedo acollerá a celebración dunha cea baile o 15 de febreiro ás 22:30 horas. Está organizada por O Palique.

O menú especial do chef Xoel Martínez consistirá en: tosta de xamón ibérico con marmelada de tomate e cebola crocante; tosta de pementos, cogomelos e bacon; brocheta de peixe sapo, champiñón e langostino con salsa americana e guarnición de verduras; crocante de salmón con verduras de tempada; carrilleras de porco ibérico á laranxa con canela, polen e caviar de mel; e mousse de chocolate oscuro, esponxoso de chocolate branco, xeado de fresa e crocante de améndoa. Estes pratos estarán regados por Rioja Montaña Crianza e Monterey Triay Godello.

O prezo é de 40 euros por persoa e as interesadas deberán facer reserva, ata o 12 de febreiro, no número de teléfono 644 575 105.

... leer más
19/01/2020

O Concello de Mondoñedo arranca a 2ª edición da guía na que se presenta como municipio para investir. Así o indica a alcadesa, Elena Candia, quen valora positivamente esta iniciativa que recolle unha liña de axudasxa en vigor e xurde cun obxectivo claro, o de atraer investimento e crear postos de traballo no municipio.

O novo documento ponse en marcha unha vez que se acadaron os obxectivos da primeira edición. Proba delo, é que parte dos edificios que se identificaron como ociosos (naves de San Lázaro, antigo sanatario de Cabanela ou as casas indianas) xa teñen nestes momentos un proxecto en marcha.

A nova edición constitúe un dos principais instrumentos da entidade local contra a perda de poboación e enmárcase na liña do plan estratéxico de subvencións aprobado.Asemade, dá continuidade á primeira que incluso fora...

leer más
12/01/2020

O Centro Comarcal Santo Tomé de Mondoñedo acollerá este 15 de xaneiro ás 7 da tarde a presentación da quinta edición do Coworking da Mariña lucense, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escala de Organización Industria (EOI) coa colaboración do Concello de Mondoñedo,  como socio local. As últimas prazas estarán dispoñibles ata o 31 de  xaneiro.

Na presentación participará a subdirectora da Oficina Galicia Emprende do IGAPE, Fany Suárez Mansilla, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto con parte do equipo coordinador do proxecto e participantes nas anteriores edicións. Todos eles contarán as distintas perspectivas e experiencias dentro do programa. A continuación haberá un espazo de café networking que propiciará o intercambio de ideas entre os asistentes.

Este...

leer más
08/01/2020

Mondoñedo acollerá os próximos días 24, 25 e 26 a segunda edición de NOGA, Colectivo de Narración Oral Galega, que conta cun amplo programa de actividades tanto para os profesionais como para o público en xeral.

A apertura do encontro será ás 21.00 horas do día 24 no auditorio municipal Pascual Veiga; a entrada é libre, ata completar o aforo.A gala de apertura estará conducida por Carmen Conde.

Para o sábado, 25, o programa é o seguinte: de 10.00 a 11.30, haberá un obradoiro, titulado Falamos da voz, da man de Faia Díaz, cantante e historiadora da Arte; á mesma hora desenvolverase unha charla a cargo da xornalista Eva Mejuto, sobre Conto, igualdade e diversidade. De 11.30 a 12.30 Pablo Ángel Meira Cartea, profesor de Educación Ambiental na USC, exporá a ponencia O cambio climático non existe...É un conto. Despois...

leer más
Etiquetas:
06/01/2020

Os Concellos de Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova e Taramundi impulsan a creación dunha ruta BTT de longo percorrido vinculada aos oficios tradicionais. Este proxecto opta ás subvencións convocadas pola Xunta para fomentar a recuperación, accesibilidade e sinalización de recursos turísticos no medio rural.

A ruta discorrerá por catro concellos de carácter rural e de marcada natureza montañosa que destacan, ademais, polos seus oficios tradicionais e a súa vinculación coa auga; deste xeito póñense en valor os recursos naturais, paisaxísticos e etnográficos.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica: “Destaca nesta zona, pola súa relevancia, a presenza de muíños como eixes do aproveitamento dos cereais que se empregaban para a alimentación dos animais, pero tamén para facer o pan nos fornos tan tradicionais...

leer más
Etiquetas:
03/01/2020

A noite de Reis o vindeiro domingo, 5 de xaneiro, o Casino de Mondoñedo acollerá a celebración dunha cea-baile, que está organizada polo Círculo de Recreo de Mondoñedo. 

O menú estará composto de: sopa de cocido, salpicón de rape e lagostinos, carrilleras ao viño tinto e roscón de reis. Haberá viño ribeiro e rioja, café e chupito. 

A festa dará comezo ás 22:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. O prezo para os socios é de 22 euros e para os non socios de 26 euros. A cea estará servida por Chao da Brea. 

A venda de tarxetas estase a realizar en O Rincón de Mondoñedo. 

27/12/2019

O 28 de decembro o Casino de Mondoñedo acollerá un concerto de Os Carricantos. Será ás 20:30 horas despois da visita do Apalpador. 

O acto está organizado polo Círculo de Recreo de Mondoñedo. 

Pola tarde ás 17:00 horas haberá no Casino un taller relacionado co Nadal para os nenos e nenas e ás 19:00 horas o Apalpador recollerá aos cativos alí mesmo para percorrer as rúas e recoller os caramelos polos comercios da cidade.