Mondoñedo
A Confederación de Espeleología y Cañones (C.E.C.) custodia, en colaboración co Concello de Mondoñedo e da Federación Galega de Espeleoloxía (F.G.E.), os fondos documentais da espeleoloxía española no Centro Español de Documentación Espeleológica (C.E.D.E.) situado no Pazo de Santo Tomé, en Mondoñedo. Con motivo do inicio dos traballos para catalogar e crear unha base de datos con todos os fondos que garda este centro, na mañá de hoxe visitaron as instalación do centro o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e a primeira tenente de alcalde, Elena Candia, deputada autonómica. No municipio da Cova do Rei Cintolo, a creación deste servizo consolida o carácter de Mondoñedo como destino turístico con interese espeleolóxico, en cuxa promoción traballa activamente o Concello.
O centro abriu as súas portas cun total aproximado de 3.000 volumes, aos...
leer másMondoñedo organiza o Merlín Fest, unha proposta musical alternativa en pequeno formato con grupos vencellados ao concello.
O festival conta con actuacións musicais simultáneas ao aire libre cada sábado dende as 20:30 ata as 22:30 horas. O vindeiro 1 de agosto a cidade mindoniense acollerá a Flashtop Cabaret na Praza do Concello, e a Charanga Aires do Padornelo, que desfilará polas rúas do casco histórico. Con esta proposta, o concello busca tamén reactivar pouco a pouco a vida nas rúas e na hostalería local.
O 8 de agosto Briacova actuará na praza da Catedral e o Grupo Xuventude na Fonte Vella.
O 15 de agosto Rafa Fernández ofrecerá un concerto na praza da Catedral. O 22 de agosto o protagonista será Hugo Eiroá, que actuará no cruce das rúas Bispo Sarmiento e Andrés Baamonde. E o 29 de...
leer másO Concello de Mondoñedo cancela a celebración do Mercado Medieval para este 2020 debido á situación sanitaria derivada da covid-19 e aposta por unha programación cultural e de lecer adaptada á actual situación sanitaria.
“Esta programación alternativa ten tamén como obxectivo contribuír a posicionar Mondoñedo como destino turístico seguro”, segundo sinala o concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías, Alberto García, quen afirma: “con esta proposta cultural buscamos a protección da saúde, a través de eventos en pequeno formato cos que dinamizamos e axudamos á economía local”.
Baixo o lema ‘ActivandoMondoñedo’, esta “programación alternativa de cultura e lecer no verán 2020” ofrecerá de xoves a domingo ata o final do verán diversas actividades distribuídas entre as distintas rúas e prazas mindoniensesque pretenden“...
leer másO Concello de Mondoñedo colabora coa segunda edición do Festival de Música de Cámara MindoMúsica que patrocina a Consellería de Cultura e que comezou este luns 29 de xuño cos ensaios que se estenderán toda a semana ata concluír con tres concertos entre o venres 3 e o domingo 5 de xullo.
Este ano, atendendo ás actuais circunstancias derivadas da emerxencia sanitaria da covid-19, o festival adáptase para ofrecer tres mini-concertos dunha duración aproximada de 30 ou 40 minutos cada un a cargo dun grupo moi reducido: un cuarteto de corda.
O desenvolvemento deste festival respectará as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas en relación á prevención do coronavirus. Así, o aforo será reducido e o público deberá asistir con mascarilla despois de retirar as invitacións que xa están dispoñibles na Oficina Municipal de...
leer másA cidade de Mondoñedo acolle o domingo 5 de xullo a décimo terceira edición das Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Camiño’que, nesta ocasión, percorrerá un tramo do Camiño Cultural, entre a Basílica de San Martiño (Foz) e a Catedral de Mondoñedo, co obxectivo de promocionar e difundir esta ruta.
Ás nove e media da mañá está prevista a saída en autocar dende o cruce do seminario coa Avenida de Bos Aires ata o inicio da ruta. Un grupo reducido de persoas poderá participar, a partir das dez e media da mañá, nunha visita guiada ao Centro de Interpretación e ao interior da Basílica previa solicitude.
A ruta continuará en autobús ata a igrexa da Ermida dende onde comezará o camiño a pé ata o centro sociocultural de Oirán.Unha vez reagrupados os participantes con tempo para o descanso e o refrixerio, a viaxe continuará en...
leer másOs próximos días 12, martes, e 13, mércores, desenvolverase a segunda parte do Workshop Mondoñedo Virtual, dirixido por Felipe Debasa e Roberto Reigosa, enfocado a loitar contra o despoboamento nos tempos do coronavirus a partir dos bens culturais e o patrimonio, as smartcities, o entorno rural e a tecnoloxía. Estas videoconferencias efectuaranse por medio da plataforma Zoom e serán retransmitidas pola canle deYoutube de The Mondoñedo Valleye tamén a través da páxina de Facebook do Concello de Mondoñedo. Esta iniciativa enmárcase no proxecto Mondoñedo Valley Covid-19,para a loita contra o despoboamento, un proxecto encargado polo Concello de Mondoñedo á Universidad Rey Juan Carlos, dirixido polo profesor Felipe Debasa.
O martes, ás 12.00 horas está prevista a presentación na que participarán o alcalde, Manuel Otero; Alberto García...
leer másA coordenadora do Colectivo Campamento Diocesano (CCD) de Mondoñedo-Ferrol decidiu “por unanimidade”, tras unha reunión telemática mantida nos últimos días, que finalmente non se levarán a cabo as actividades presenciais previstas para a segunda quincena do mes de xullo por mor da crise sociosanitaria provocada pola incidencia do virus COVID-19.
Segundo o coordinador do colectivo, Baruk Domínguez, trátase dunha decisión “moi
dura”, que foi tomada co único obxecto de salvagardar a saúde dos acampados,
monitores e outros voluntarios que participan no campamento.
Tamén se tivo en conta que as instalacións usadas nos últimos anos para celebrar as
principais actividades do CCD son diferentes espazos do Seminario de Santa
Catalina, en Mondoñedo, residencia de moitos sacerdotes de avanzada idade que
poderían verse perxudicados pola presenza dun...
A Asociación Barrio dos Muíños convoca un concurso de deseño do logotipo para a ABDM.
Esta convocatoria ten por obxectivo dotar á asociación dun logotipo e facer partícipe aos asociados e a calquera persoa que queira participar.
Poderán concorrer todas as persoas que o desexen e o deseño debe ser unha proposta orixinal para ser un logotipo da Asociación do barrio dos Muíños.
Os deseños, a cor e en branco e negro, terán un tamaño en A4, sen anotacións nin o nome da persoa participante. Os datos persoais, no caso de ser entregado o deseño en papel, deberán ser anexados nun sobre.
Os traballos terán que presentarse ao mail da ABDM barriodosmuinhosasociacion@gmail.com ou aos membros da directiva. O prazo de...
leer másO Concello mindoniense, no marco da crise sanitaria provocada polo coronavirus, centra o seu traballo en, por un lado, axudar de todos os xeitos posibles aos veciños a superar esta difícil conxuntura, e, por outro, en deseñar e preparar a volta á normalidade tendo en conta as especiais circunstancias que se derivarán da loita contra o Covid-19. Un dos campos nos que traballa o goberno municipal, pensando no futuro a corto e medio prazo, é o do turismo.
O goberno municipal ten moi claro que, neste momento, o prioritario é dedicar canto traballo faga falta e cantos recursos hai dispoñibles a facer fronte á crise sanitaria, a axudar aos veciños a saír desta difícil situación. No equipo de goberno mindoniense sinalan que, ao mesmo tempo, traballan para preparar o día seguinte ao confinamento.
Pensando en que a...
leer másA plataforma de venda online do Concello de Mondoñedo, www.themondonedovalley.com, incorpora un novo produto local, un kit para facer pan de Mondoñedo que estará dispoñible a partir deste mércores 16 de abril.
O Concello de Mondoñedo abriu esta ventá de comercialización tanto aos produtores de hortalizas para dar saída aos seus produtos ante a suspensión dos mercados como medida preventiva contra a propagación do coronavirus coma aos negocios locais que neste momento están pechados. Deste xeito, está a disposición de tódolos comercios de Mondoñedo que queiran unirse e continuar a súa actividade a través desta plataforma.
Neste caso, a través dewww.themondonedovalley.comcomercializarase este kit impulsado...
leer más