Aventeira Cooperativa de Educación e Lecer desenvolve este sábado, 11 de setembro, en Mondoñedo unha xornada sobre a diabetes.
As actividades darán comezo ás 17:15 horas co espectáculo de improvisación teatral La familia Trivilorio. Despois terá lugar unha charla sobre a diabetes e o coidado do pé, que correrá a cargo de Damián García, enfermeiro e persoa con diabetes, e Noelia Castro, enfermeira e podóloga.
Os actos terán lugar no Centro de Interpretación do Camiño do Norte, na rúa Alcántara, s/n. A entrada é de balde ata completar aforo.
Colabora na organización deste evento: Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.