Mondoñedo celebra un magosto o 6 de novembro. Haberá decoración terrorífica, merenda e música.

A Praza do Concello de Mondoñedo acollerá un magosto tradicional o 6 de novembro, sábado.

As actividades empezarán ás 17:00 horas con merenda e decoración terrorífica, ás 19:00 horas haberá pasarrúas de Samaín acompañados da AC Os Foles. E ás 20:00 horas celebrarase un magosto tradicional coa música de AC Os Foles, Souto Xímaro e Os Carricantos.
 
Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación cultural O Pasatempo en colaboración co Concello de Mondoñedo e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.