Flamenco

29/07/2016
En Barreiros os xardíns do Eido Dourado serán escenario este domingo, 31 de xullo, dun espectáculo de flamenco dentro dos Concertos ao Solpor.
 
Os xardíns do Eido Dourado, á carón da praia de A Pasada, acollerán este domingo, 31 de xullo, un espectáculo de flamenco dentro dos Concertos ao Solpor.
 
O artista barreirense Celso Dourado explica que “no Eido Dourado sempre apostamos por proxectos innovadores que se desenrolan no noso país. Eu cando descubrín que había unha tendencia moi alimentada sobre todo pola etnia xitana en Galicia, que estaba promovendo o cante flamenco incluso con certas veleidades pola máis fonda tradición da música en Galicia, me pareceu algo sorprendente”.
 
Dourado detalla que “este espectáculo flamenco xira en torno a tres paos, pero sobre todo xira en torno a figura do...
leer más
Etiquetas:
28/04/2016
O auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, acollerá este sábado, 30 de abril, un espectáculo de flamenco. Será ás oito da tarde.
 
O auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, acollerá este sábado, día 30, ás 20 horas un espectáculo de flamenco. Esta actuación forma parte da programación Cervo, a carón da cultura organizada polo Concello para este mes de abril.
 
Neste espectáculo actuarán o guitarrista gaditano Miguel Flores, a cantaora coruñesa Sandra Calderón e o bailaor Isaías Salazar, natural de Ferrol.
 
Miguel Flores naceu en Cádiz en 1975, pero sendo moi novo trasladouse a vivir a Ceuta, onde tomou o seu primeiro contacto co flamenco tocando a guitarra coa familia xitana Serranito, coa que actuou no Festival Flamenco de Ceuta. Continuou a súa formación acompañando ao baile...
leer más