Fotos
O Concello de Barreiros está a compilar fotos antigas para elaborar entre todas e todos o calendario 2024 do municipio. Será un almanaque para o que a veciñanza aporta estampas das súas vivencias escolares ou dos seus devanceiros. Fará lembrar eses momentos pasados mes a mes axudando a evitar que os recordos se perdan na memoria esquecida.
Aquelas persoas que queiran compartir as súas fotografías poden poñerse en contacto co Concello a través da páxina de facebook ou nas oficinas municipais.
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o VIII Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta”, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2024 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. O prazo de presentación de orixinais rematará o 30 de novembro.
As fotos presentaranse en soporte dixital no enderezo de correo electrónico recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2023”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Cada concursante poderá presentar só unha foto, que deben enviarse en formato jpg, tif ou bmp e cunha calidade de máis de 750Kb.
...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IX Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medio ambiente.
Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales...
O Concello de Foz acaba de repoñer as fotografías do mural da rúa Julia Minguillón, enfronte da Casa da Xuventude.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que se trata “dunha colección de fotografías en cuxa selección colaborou Xesús de Breogán e que foron feitas por Touche, aos que damos as grazas. Nelas podemos ver os diferentes estaleiros, como o de David del Riego, Santiago Pérez, Nécega, José Beltrán ou de R. López, na Espiñeira, de 1918. Destacan tamén diversas fotografías de escolas unitarias, como a de Dona Rita en 1916, Don Andrés en 1917, Dona Aia en 1949, o Martínez Otero, entón Colexio Sagrado Corazón, de 1956, ou do Colexio do Pilar, de 1960, na que se pode ver ós mestres acompañados dos pícaros da escola.Tamén hai unha representación das distintas conserveiras que houbo en Foz, como a de Dal, San Juan ou Galbán; e...
leer másO Concello de Viveiro quere conmemorar o #díadolibro que se celebra este domingo, día 23, convidando de novo á veciñanza a participar no Concurso de Fotografía “Onde les ti?” A iniciativa, impulsada pola concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro, conta coa colaboración do Centro comercial Casco Histórico de Viveiro.
“A lectura é sempre un momento especial e de evasión. Amosar ese instante mediante unha fotografía e compartilo é un xeito diferente de atraer novos lectores e de potenciar hábitos de lectura”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega concelleira de Cultura.
O concurso ten por obxecto crear unha imaxe na que apareza o recuncho preferido de cada participante para ler e na que o libro ou o acto de ler sexa o protagonista da instantánea. Esta poderá ir acompañada dunha breve descrición se...
leer másAta o 30 de abril pode visitarse na sala de exposicións do Centro Cívico de Xove a exposición “Retratando sentimentos”, de Inma Purriños en colaboración coa asociación Somos Unidos por el Cáncer.
A mostra pode verse en horario de 17 a 20 horas. O acto de inauguración contou coa intervención de Rosana Roca, nativa na urbanización de Palmeiro, que falou da positividade ante o cancro de mama.
O salón multiusos do Concello de Viveiro acolleu a presentación da exposición fotográfica “Eu Muller, ti cómplice, elas loitadoras” organizada por Aspanane e enmarcada dentro do programa das celebración por mor do #DíaInternacionaldaMuller.
A exposición itinerante pretende concienciar e sensibilizar á poboación sobre a reivindicación de dereitos que realizan no seu día a día as mulleres con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento para lograr participar e incluírse na sociedade, ao tempo que conseguen que máis persoas sexan cómplices nesta procura da plena igualdade e cidadanía.
O acto inaugural, dirixido por usuarias do Centro Ocupacional de Aspanane, contou coa presenza da alcaldesa de #Viveiro, María Loureiro, xunto á secretaria xeral da Consellería de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.
... leer másOnte foi inaugurada nas Escolas Vellas de Cervo a mostra fotográfica Os Camiños de Casares, que se poderá visitar de luns a venres, ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas.
No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, as edís de Cultura e Medio Ambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e o autor das instantáneas, Xurxo Lobato; ademais de membros da asociación Airiños do Xunco, a quen desde o Concello lle agradecen a cesión do local municipal, pero que está xestionado por esta entidade.
A exposición recolle 40 fotografías de gran formato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago. A actividade forma parte do programa o Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e está promovida pola Fundación Carlos Casares, coa colaboración do Concello de Cervo.
Mañá, venres, ás 19:00 horas será inaugurada no CENIMA de Foz unha exposición de fotos sobre as alfombras das festas do Carme focegas, mostra que fai un percorrido polos seus 40 anos de historia.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz e a comisión de festas seguen avanzando na programación polo Carme. Da man de Antón Niñe e a súa extensa traxectoria como entusiasta da historia local, levará aos asistentes a un percorrido pola evolución do alfombrismo na localidade focega. As fotos mostradas na exposición forman parte da súa colección persoal”.
A sala de mostras da Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 15 de xullo a exposición fotografía de María Simón, que foi inaugurada na tarde do luns polas edís de Cultura, e de Servizos Sociais, Dolores García Caramés, e Pilar Armada, respectivamente.
A mostra componse de 13 imaxes que recollen diferentes temáticas sociais; desde o oficio das redeiras ata diferentes instantáneas que a súa autora inmortalizou en tempos de pandemia.