Os premios do concurso medio ambiental “Cal é o teu lugar preferido de Xove?” serán entregados o 12 de xuño

O Concello de Xove comunica as gañadoras e gañador do concurso medio ambiental “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. A entrega de obsequios a tod@s os participantes e de trofeos aos gañadores realizarase o mércores 12 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos municipal.

Na categoría infantil a foto con máis me gusta foi a titulada “Mateo coidando a súa horta”, de Mateo Costa Rodríguez. Na categoría xuvenil a foto con máis me gusta foi “Cascada do muíño Regosanguento”, de Carla Casabella Puñal. E na categoría adultos a foto con máis me gusta foi “Toxos, mar y nubes, pero al final sale el sol siempre”, de Begoña Amor Ruiz.