Solidarios
Coa iniciativa “Quilómetros Solidarios” o Club de Atletismo Ría de Foz pretende estimular a práctica deportiva e, a súa vez, axudar a todas aquelas persoas que o precisen nestes duros momentos. A pandemia global do COVID-19, ademais de poñer en risco a nosa saúde, ameaza con forza a economía de moitas familias, provocando que un dereito tan básico e necesario como a alimentación se vexa comprometido.
Deste xeito, desde o Ría de Foz queremos amosar, máis unha vez, que o deporte ten que ser unha ferramenta fundamental na transmisión de valores. Neste caso, témolo claro: a solidariedade. Desta saímos todos xuntos e xuntas e non queremos que ninguén quede polo camiño.
A iniciativa “Quilómetros Solidarios” é unha carreira individual desde a casa, que se desenvolverá o domingo 5 de abril desde as 8 mañá e ata as 20 horas do serán. Por cada...
leer más