Fotos
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios, serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser...
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XII concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2022”.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron no día de hoxe a nova edición deste certame.
Tal e como explica a edil, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.
Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo...
leer másO Concello de Viveiro informa que o 7º Concurso de Fotografía Amateur “Mulleres e Traballos” amplía o prazo de recepción das obras ata o próximo martes 8 de marzo de 2022. Dito certame está convocado polo Concello de Viveiro e o Centro de Información á Muller, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.
O concurso diríxese a fotógrafos/as afeccionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como no privado.
Máis información sobre o certame no e-mail cim@viveiro.es ou no teléfono 982550421.
O Concello de Foz vén de poñer en marcha unha nova aplicación no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), que se une ás xa existentes, como a de realidade aumentada patrimonial ou de recreación histórica. Denomínase O paso do tempo con intelixencia artificial, unha pantalla na que se poden visualizar as fotos que estiveron expostas no CENIMA antes da creación da Oficina Virtual de Turismo e onde se reviven momentos do pasado a través de escenas cotiás e os ambientes de Foz en décadas pasadas, anuncia o concelleiro de Turismo Chema Linares.
O edil explica que “esta aplicación foi realizada por Ilux Virtual Tegnology, a mesma empresa que fixo o proxecto de A Mariña Virtual e que se encarga do mantemento e asistencia técnica en todas as aplicacións. Tratamos así de recuperar, conservar e preservar o noso patrimonio inmaterial, onde...
leer másA exposición fotográfica Express-Arte estará na Casa da Cultura de Burela ata o 29 de novembro en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.
Esta mostra foi creada no marco dun programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e forma parte das actuacións enmarcadas na Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero da que forma parte o Concello de Burela.
O Concello de A Pontenova convoca o concurso de fotografía “Os recunchos máis fermosos e descoñecidos de A Pontenova”, do que sairán elixidas por votación popular as 12 fotografías que comporán o calendario de A Pontenova do ano 2022.
Nas bases do certame explícase que “a temática das fotos que se presenten a este concurso deberá versar sobre eses recunchos do concello de A Pontenova que persoalmente nos parecen os máis fermosos do mundo pero que, ao mesmo tempo, son descoñecidos para a gran maioría dos veciños e veciñas deste concello. A finalidade principal desta iniciativa é a de dar valor e visibilidade aos numerosos recunchos, paisaxes, árbores, fervenzas, construcións tradicionais, etcétera que son singulares, posúen unha indubidable beleza estética e que podemos atopar ao longo de cada unha das 11 parroquias que conforman este...
leer másA mostra reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago no país lusófono tras gañar a última edición do certame Imaxes con Fondo
O Concello de Viveiro, a través da concellería de Benestar Social, informa de que os Xardíns Noriega Varela acollen ata finais de outubro a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’. Esta exposición está promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Viveiro. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.
A exposición, que se estreou polo 70º...
leer másOnte, sábado, tivo lugar no Cenima a presentación do primeiro banco de fotos oficial de Foz cunha pequena representación do mesmo.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, comentou que “parece mentira, cando son moitas as fotografías que diariamente veciños e turistas colgamos nas redes, que o Concello de Foz ata agora non contara cun banco de fotos, moitas veces solicitado dende a oficina de turismo. Son moitas as revistas, publicacións, semanarios, xornais ou particulares que continuamente nos piden fotos dos diferentes recursos turísticos ou recunchos do noso concello; como recentemente para elaborar un libro sobre os castelos e fortalezas de España, da fortaleza do mariscal Pardo de Cela na Frouxeira, ou para un traballo sobre os paseos marítimos en Galicia, da Sociedad Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías...
leer másO Concello de Foz segue traballando na mellora dos seus recursos electrónicos e na atracción de poboación fixa. Mañá, sábado, ás 20 horas no salón de actos do Cenima farase unha presentación de dous novos proxectos que se prepararon durante os últimos meses: un novo banco de fotos municipal e un vídeo para unha campaña promocional que busca atraer poboación que escolla Foz como a súa residencia definitiva e o seu lugar de traballo.
O concelleiro de Turismo, José María Linares, explica que “o banco de fotos créase con intención de que o Concello teña recursos gráficos para a promoción turística, xa que non se contaba con imaxes para a creación de carteis, difusión de recursos e outros traballos. Ademais este é o primeiro paso para a nova web de turismo de Foz, na que se está a traballar”.
A edil de Emprego e...
leer más