Aldurfe
13/06/2024
A parroquia de Aldurfe, no concello de Riotorto, celebrará as súas festas na honra de San Pedro os días 15, 16 e 29 de maio.
As actividades empezarán este sábado 15 ás 13:00 horas con misa e despois procesión e sesión vermú, coa música do dúo La Hora Bruja, que tamén amenizará a verbena dese día xunto á orquestra Ritmo Joven.
O domingo 16 haberá misa ás 14:00 horas e despois procesión acompañada coa música de gaitas galegas e sesión vermú co grupo Fénix.
E para o 29 de xuño, sábado, está programada misa ás 14:00 horas e despois procesión e sesión vermú amenizada por Javi Show. A continuación haberá unha comida veciñal e despois sesión de tarde coa música de Javi Show.
O campo da festa estará cuberto con carpa.