O Concello de Cervo organiza un taller de fotografía o 23 de novembro e unha exposición denominada “Queremos ser libres”, que se poderá visitar na Casa da Cultura do 24 de novembro ao 22 de decembro.
Estas actividades están enmarcadas dentro dos actos polo Día Internacional da Violencia de Xénero.
O taller de fotografía de luz negra será impartido por Diana Fajardo en dúas quendas. Para nenas e nenos de 10 a 16 anos será de cinco a sete da tarde o 23 de novembro. E para persoas adultas, de máis de 17 anos, será de 19:15 a 21:15 horas. As inscricións poden facerse chamando por teléfono á Casa da Cultura: 982 59 51 57.
O visionado dos traballos e a inauguración da exposición terán lugar o 24 de novembro ás 12:00 do mediodía.