O Concello de Cervo organiza un taller de fotografía este sábado, 23 de novembro, e unha exposición desde o día seguinte ata o 22 de decembro

O Concello de Cervo organiza un taller de fotografía de luz negra este sábado, 23 de novembro, e unha exposición desde o día seguinte ata o 22 de decembro, domingo.

“Anímate a participar no taller de fotografía de luz negra que impartirá este próximo sábado Diana Fajardo na Casa da Cultura, dirixido tanto ás crianzas como as persoas adultas. Podes anotarte de xeito gratuíto na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57. Unha actividade que se enmarca nos actos con Motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero”, anuncia o Concello de Cervo.