Baixada

Etiquetas:
21/08/2024

O 7 de setembro de 2024 celebrarase a III Baixada de Carrilanas Concello de Riotorto, puntuable para o Campionato de España de Deportes de Inercia. O evento está organizado polo Concello de Riotorto e Carrilanas Os Meiregos.

A cita, que será puntuable para a Copa Galicia e Copa de España 2024, terá lugar no seguinte horario: as verificacións realizaranse de 11:00 a 12:30 horas e a carreira desputarase entre as 15:30 e as 19:00 horas.

Os corredores competirán por premios para os tres mellores de cada categoría, así como no Scratch xeral. Para facilitar a participación, habilitarase un pavillón con servizo de duchas e baños para acampada, dispoñible desde o venres ata o domingo. Os menores de idade deberán enviar previamente a “Autorización menores 2024” ao organizador da carreira a través do correo electrónico...

leer más
Etiquetas:
10/09/2023

O 23 de setembro terá lugar a segunda baixada das carrilanas en Riotorto.

A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudar aos negocios.

As inscricións poderán realizarse ata o 20 de setembro ás 23.59 horas.

Os menores de idade enviarán ao organizador da carreira a autorización correspondente para poder participar na proba, envío obrigatorio ao asociacionosmeiregos@gmail.com.

A xornada dará comezo ás 11.00 horas coas verificación técnicas e administrativas, de 13.00 a 14.00 horas haberá un pincheo. Ás 14.30 horas comezará o remonte...

leer más
Etiquetas:
22/01/2022

O 30 de xullo terá lugar en Riotorto a 1ª Baixada de Carrilanas. O evento está organizado pola asociación Carrilanas Os Meiregos, que contan coa colaboración da Federación Española de Deportes de Inercia, o Concello de Riotorto e Laura Alonso. 

Etiquetas:
03/08/2018

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, as concelleiras de Cultura e Turismo, e unha representación do Club Limosa Surf, presentaron a V Baixada do Faro en Longskate, que terá lugar este sábado, 4 de agosto, desde as 10:00 horas, organizada por este Club, en colaboración do Concello.

Tal e como explicaron desde a organización “trátase dunha proba de longskate cronometrada desde o Faro Punta da Atalaia, en cuxo percorrido inclúense tres curvas, a do Corbeiro, a da Gardería e a da Morte, que bautizaron así por ser a máis pronunciada da baixada”.

Entre as 10:00 e as 11:30 horas terán lugar os adestramentos. Entre as 12:00 e as 14:00 horas serán as probas clasificatorias. Entre as 14:00 e as 16:00 horas as persoas participantes poderán desfrutar dun intre de relax para poder visitar...

leer más
Etiquetas:
09/07/2018

O 29 de xullo celebrarase en Alfoz a I Baixada de Carrilanas Castelo de Castro de Ouro.

É unha proba puntuable para o Campionato Galego e dará comezo ás 15:00 horas coas verificacións administrativas.

Ás 16:00 terá lugar o inicio da proba desenvolvéndose os adestramentos, a primeira manga cronometrada, a segunda manga cronometrada e exhibición.

Ás 20:00 horas será a entrega de premios. Pode obterse máis información en www.fedei.com. 

Organiza a Asociación Cultural Xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello de Alfoz. 

Etiquetas:
05/07/2016
Comezan o 6 de xullo os Mércores de Natureza no Vicedo cunha baixada en kayaks polo río Sor. Durante este mes haberá tamén sendeirismo.
 
Un dos puntos fortes do Vicedo e da Mariña é a natureza. O Vicedo fai desta fortaleza o seu eslogan turístico “Natureza Envolvente” e cada ano organiza os chamados mércores de natureza onde se organiza algún tipo de actividade relacionada co entorno natural do concello e da comarca (pode ser ruta de sendeirismo, ruta de kayak, rutas mixtas, etc). 
 
Este vindeiro mércores, 6 de xullo, comezan as actividades de natureza co descenso en kayak do Río Sor, unha actividade que se organiza cada verán porque nos permite dar a coñecer o Río Sor e parte da Ría desde dentro. Nesta ruta, que dura unhas 2 horas, os participantes poderán observar os seguintes puntos de interese: O entorno de Ribeiras do Sor (o punto navegable máis alto do Río), á...
leer más