Festas
Este sábado, 11 de agosto, ábrese na sala de exposicións do Centro Cívico de Xove, a XI edición de Xove 360º. Esta mostra, que o Concello organiza cada ano xunto co colectivo de fotógrafos de Xove, leva o título de Fervenzas e nesta sección preséntanse 13 fotografías. Os fotógrafos participantes elixen cada ano un tema sobre o que cada un deles presenta unha ou dúas propostas fotográficas. O resto da exposición, con 34 das 47 fotografías que a conforman, é de tema libre e inclúe unha gran variedade de temáticas como paisaxes, retratos, flora e composicións, entre outras.
Os fotógrafos participantes este ano son: Alberto Rapa, Andrés García, Diego Fanego, Javier Sánchez, Javier Villares, José Emilio Gómez, José Manuel Blanco, Mateo Guerreiro, Pedro Antonio Vicente, Rubén Pico, Santos Cordovilla e Carolina Moreira. A exposición estará aberta...
leer másO Concello de Viveiro abre este luns, 6 de agosto, o prazo para anotarse para levar os ananiños dos cabezudos que sairán dos días 10 ao 15 de agosto.
A convocatoria é para nenos e nenas con idades entre 6 e 12 anos.
O prazo está aberto ata cubrir as prazas. As inscricións realizaranse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou nos números de teléfono 982 560 162 e 982 560 128.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que a asociación A Santina será a pregoeira das festas patronais de San Lourenzo. O rexedor subliña que a colonia asturiana leva 35 anos afincada en Foz e alude aos lazos creados entre galegos e asturianos.
“Desde o equipo de goberno e dende a asociación Sempre Foz, organizadora das festas patronais do San Lourenzo, que son festas de interese turístico galego, queremos anunciar que a pregoeira desta festa tan importante para o noso pobo será a asociación A Santina, de Foz. Homenaxeamos a esta asociación de veciños asturianos afincados no noso pobo desde hai máis de 35 anos. É unha homenaxe a esa convivencia durante tantos anos con esta comunidade e que seguen conservando os valores de Asturias pero en total convivencia no noso pobo”, explicou Javier Castiñeira.
... leer másA comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo e San Roque, empezou a recoller donativos polos domicilios. Ademais anuncia que o Mercado Pirata celebrarase do 16 ao 22 de agosto no parque de San Francisco.
Os membros da asociación cultural Santa María do Campo e San Roque, colectivo que organiza as festas patronais de Ribadeo, comezaron esta semana a campaña de recollida de donativos para os festexos polos domicilios ribadenses. Solicitan a colaboración dos veciños e veciñas porque a comisión está formada por poucos membros e orzamento das festas é elevado. Ademais explican que as persoas que non estean nas súas vivendas cando pasan a solicitarlles o donativo e queiran colaborar cos festexos poden facelo poñéndose en contacto con calquera membro da comisión ou ingresalo na conta que ten o...
leer másUnha das Festas con máis solera da Mariña teñen este fin de semana o seu epicentro en Xove. A parroquia de Lago celebra este fin de semana as súas Festas Patronais en honra á Virxe do Carme e a San Antón.
O amplo programa de actividades vai comezar o venres, 20 de xullo, cunha gran churrascada a partires das 8 da tarde no campo da festa, á que están citados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes dias. Cada ración vai incluir: churrasco de porco, ½ chourizo vermello, ½ chourizo criollo, patacas fritidas e pan.
Despois da churrascada, e para facer unha boa digestión movendo o esqueleto, unha gran verbena coa Orquestra Costa Dorada e o Grupo Tribal. Prevendo unha grande afluencia de público, a organización ten previsto amplos aparcamento no entorno do campo da festa co fin de facilitar a presenza de tódolos visitantes....
O festival "Coa nosa fala", que se celebrará este xoves, día 12, a partir das 22:00 horas en Foz, concretamente no Campo da Cabana, contará coas actuacións de Chingla e do grupo de música tradicional Maraghotas, do que forma parte a focense Xiana Teixeiro.
Este evento está organizado polo Concello de Foz e colaboran a Deputación de Lugo e Abanca.
Verbena festas do Carme luns
Por outra parte, na verbena das festas do Carme de Foz programada para o vindeiro luns, día 16, actuará a orquestra Jerusalén, aínda que no programa aparece, por erro, outra formación musical. Así o aclarou hoxe a comisión organizadora dos festexos.
As festas de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo e de San Roque, contarán con dez actuacións musicais.
A asociación organizadora dos festexos anunciou que no San Roque, que se celebra o día 16 de agosto, actuarán a orquestra Palladium e a discoteca móbil Blanco y Negro.
E nas festas patronais de Santa María do Campo estarán as orquestras Los Satélites, Marbella, Gran Parada, Ritmo Joven, Gran Casino, Ibiza, La Favorita e Fénix, que actuarán nas verbenas programas para os días 5, 6, 7, 8 e 9 de setembro.
Tal e como confirmaron desde a organización “deseñouse unha programación variada coa que pretendemos chegar a todos os públicos”. Así, haberán teatro, humor e moita música de todos os estilos.
O mércores, 11 de xullo, a Asociación de Enfermos Mentais da Mariña representará a súa obra Teatro contra o bullyng, eres único. Será ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.
O xoves, 12 de xullo, O Bordelo actuará coa súa peza teatral Depende. Ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.
O venres, 13 de xullo, será a quenda do Grupo de Teatro Ardora de San Ciprián, coa súa obra Flor de Outono. Ás 21:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.
Xa o sábado, a partir das 19:30 horas, na Praza dos Campos, terá lugar un show de maxia e humor, a actuación de Brais e...
leer másAs festas do Carme de Foz serán pregoadas nesta ocasión polo mestre e investigador da historia local Antón Niñe o 13 deste mes, venres. Ese mesmo día actuará nos festexos o grupo musical Dos pájaros y un trío, que ofrecen un espectáculo tributo aos cantautores Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat co que levan desde 2009 triunfando en moitas localidades españolas.
O presidente do colectivo SempreFoz, que organiza das festas do Carme da vila focense, e concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo, anunciou hoxe que “o venres 13 de xullo darán comezo as festas do Carme de Foz na igrexa parroquial co pregón a cargo de Antón Niñe. E desde SempreFoz, como comisión organizadora, queremos dar o noso agradecemento a Antón Niñe, mestre e investigador da historia local, por aceptar a nosa proposición de ser o pregoeiro das Festas do Carme de Foz. Anton...
leer másO profesor ribadense afincado en Santiago de Compostela Carlos Álvarez Lebredo será o pregoeiro das festas patronais de Ribadeo deste ano. Así o anunciou hoxe a comisión organizadora dos festexos, que tamén deu a coñecer que o acto do pregón será o día 1 de setembro, sábado, ás 20: 30 horas no Teatro e actuará a Coral Polifónica de Ribadeo.
Carlos Álvarez Lebredo é fillo do músico Carlos Álvarez Fernández-Cid, de quen se celebra este ano o centenario do seu nacemento con varios actos na vila ribadense.
O pregoeiro das festas patronais de 2018 na honra de Santa María do Campo naceu en Ribadeo, reside en Santiago de Compostela e é profesor de Literatura Galega desde 1983. Leva publicados máis de 50 artigos de crítica literaria, outros tantos de temática musical e case 100 máis de temática ribadense. É colaborador...
leer más