Festas
A parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas de San Xoán os vindeiros días 22 e 23 de xuño.
O sábado 22 ás 13:30 horas, haberá misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra La Favorita. Ás 23:00 horas celebrarase a verbena amenizada pola orquestra La Favorita e o Grupo Fénix.
O domingo 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz. Posteriormente celebrarase a procesión e a sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena a partires das 22:00 horas.
Organiza a asociación cultural O Atrio coa colaboración do Concello de Foz e Bar O Castro.
O 22 ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Arizona, que tamén amenizará a verbena, a partires das 23:00 horas, xunto a Disco Móvil Chocolate.
O 23 ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú coa orquestra Saudade, que ademais estará na verbena desde as 22:30 horas xunto a Tango. A partires das 00:00 horas haberá unha gran lumeirada.
O luns, 24 de xuño, ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa banda de gaitas Cacharela de Covas; e ás 13:00 horas misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena co grupo Cañón.
O martes, día 25, ás 11:00 horas percorrerá as rúas o grupo musical Non cho digo; e ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Solara, que volverá actuar á noite na verbena. Ademais ás 20:00 horas celebrarase unha gran sardiñada...
leer másAs festas patronais de Burela, que comezaban o pasado sábado, continúan esta semana con diversas actividades como o karaoke infantil-xuvenil que se celebrará o mércores, día 29 de maio, a partires das 20:30 horas. O xoves 30 será o karaoke senior que dará comezo ás 21:00 horas. Estas actuacións terán lugar na Casa da Cultura e os ensaios desenvolveranse de 17:00 a 19:00 horas.
O venres, día 31, actuarán as orquestras Finisterre e Paris de Noia, a partires das 23:00 horas no recinto das festas.
O sábado, 1 de xuño, ao longo de toda a xornada, terá lugar a confección da alfombra floral. Ás 14:00 horas, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Israel, e ás 21:00 horas, na igrexa parroquial, celebrarase a misa cantada pola Coral Polifónica de Burela. Ao remate da misa procederase á baixada das imaxes da virxe do...
leer másO sábado, día 27, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne na igrexa parroquial e procesión en honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Mayer, e ás 15:00 horas, celebrarase un xantar (para inscribirse previamente hai que chamar ao teléfono 646 647 619).
Pola tarde, a partires das 17:00 horas, haberá verbena con Mayer e Fénix. A comisión entregará trofeos ás tres mellores parellas de baile, e ás parellas máis veterana e máis nova. A xornada rematará ás 19:00 horas cunha gran queimada co Bruxo de Cervo.
E o domingo 28 ás 10:00 horas comezará a xuntanza cabalar e o paseo de sendeirismo de Pesasagudas á Cruz do Pao da Vella, organizada pola asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse na ruta e no xantar que haberá posteriormente hai que chamar ao teléfono 646 647 619.
...
leer más
A misa, a procesión marítima e a sesión vermú do 2 de xuño vanse adiantar un cuarto de hora para que os mariñeiros poidan disfrutar das festas patronais de Burela coas súas familias. Así o ven de comunicar a comisión organizadora.
A presidenta da comisión, Toñi Eijo, explicou que “por reajustes de la programación de los actos del domingo de las fiestas, el 2 de junio, se adelanta en quince minutos la misa, la procesión marítima y la sesión vermú. El motivo es poder atender a las peticiones de los marineros para que puedan disfrutar de la jornada matutina con sus familias. Nuestra intención es atender las necesidades de todos y que todos podamos disfrutar de cada acto festivo”.
Eijo tamén contou que “seguimos trabajando para traer una atracción espectacular y que no haya estado nunca en Burela”.
... leer másA comisión organizadora das festas patronais de Burela anima á veciñanza a enviar fotos e textos sobre estes festexos. Os mellores formarán parte do libro deste 2019.
Desde a comisión explican que “o que lle pedimos á xente do noso pobo é que nos envíen fotos das festas patronais de Burela e tamén os animamos a escribir voluntariamente un texto, cun máximo de 400 palabra, sobre as festas ou sobre a nosa vila”.
Este material debe remitirse por correo electrónico a comisionfestasburela@gmail.com ou vía mensaxe privada ao facebook das festas patronais burelesas. O prazo de envío remata o 15 de abril.
A comisión organizadora subliña que “entre todas as fotos e os textos que recibamos nas vindeiras semanas elixiremos as mellores para seren...
leer másA comisión organizadora das festas patronais de Burela comezará o vindeiro luns, 4 de febreiro, a recoller os donativos para sufragar estes festexos. A presidenta da comisión, Toñi Eijo, asegura que afrontan con ilusión a organización desta cita e subliña que o programa está pensado para o disfrute de todo o pobo, para un público de todas as idades.
Toñi Eijo dixo que “a comisión estámolo tomando coa mesma ilusión de todos os anos, a pesares de que cada ano costa máis recadar. Imos intentar facer un programa ao gusto da xente, con opinións que fomos recollendo polo pobo, co arranxo ao que nos pide a xente, imos facer un programa ao gusto do pobo e axustándonos ao presuposto que teñamos nosoutros. Imos facer un programa para todas as idades e para todos os gustos con actividades de todo tipo”.
A presidenta da...
leer másDende este venres, 1 de febreiro, e ata o domingo 3 celébranse as Festas da Candelaria en Rúa, Cervo.
O venres, día 1, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras La Bamba e Esencia.
O sábado 2 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e sesión vermú coa orquestra Panamá. A partir das 22:00 horas, haberá verbena con Panamá e Disco Móvil Havana. Ademais terá lugar a actuación estelar de Pili Pampín.
O domingo 3 ás 13:30 horas será a misa cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e a sesión vermú co grupo Tribal. O recinto contará con carpa.
Organiza estes festexos a comisión de festas de Rúa coa colaboración do Concello de Cervo e a Comunidad de Montes Veciñais.
En Ribadeo los establecimientos Molino y Náutico Bar&Tapas organizan sendas fiestas de fin de año, para la madrugada del 31 de diciembre de 2018 al 1 de enero de 2019. En el Molino el artista principal será el prestigioso DJ Héctor Llamazares, que estará acompañado por Damien Landes y Lelé. Y en el Náutico actuarán cuatro conocidos DJ´s mariñanos: Lelé, Cohen, Alberto Leivas y Maxi.
El asturiano Héctor Llamazares es un artista asentado en la escena nacional destacado por sus sesiones eléctricas, dinámicas e intensas en los diferentes estilos de música electrónica, como techno, house y deep house. Su posicionamiento dentro de la escena ha crecido notablemente en los últimos años. Tanto sus sets como su dedicación en el estudio le han abierto nuevas fronteras en las que poder evolucionar. Héctor Llamazares ha hecho muchas cosas, aunque...
leer más