O programa das festas de Cervo ofrece este martes 14 de agosto, ás 20:00 horas, a XIII Festa do Ovo Frito e, ás 23:00 horas, a verbena co grupo Montreal.
O mércores, día 15, ás 13:00 horas, haberá a misa solemne cantada polo Coro Parroquial e posterior procesión. Ás 14:00 celebrarase a sesión vermú coa orquestra La Potencia, que volverá a actuar na verbena. Tamén pola noite ofrecerá un concerto La Década Prodigiosa.
O xoves 16 ás 12:30 horas terá lugar a misa solemne cantada polo Coro Parroquial e procesión. Ás 14:00 horas, a sesión vermú que correrá a cargo do grupo Alma Latina que, a partires das 22:00 horas, volverá actuar na verbena.
E o sábado 18 ás 10:00 horas dará comezo o Mercado Tradicional. Ás 23:00 horas, terá lugar a representación da Queimada Popular e, a partires da unha da madrugada, actuarán as bandas Sonoro Maxín, Banda Crebinsky y Festicultores Troupe.