A comisión de festas de Ribadeo ultima os preparativos para a celebración a vindeira semana dos festexos na honra de San Roque.
O xoves, 16 de agosto, o programa de festas dará comezo ás 11:30 horas coa saída dos Cocos e Cabezudos, que estarán acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha.
Ás 12:30 horas celebrarase a misa solemne e a continuación terá lugar a procesión. Ao remate a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de San Roque, na praciña do mesmo nome.
A xornada festiva rematará coa verbena que estará amenizada pola orquestra Palladium e a discoteca móvil Blanco & Negro.
Colaboran na celebración dos festexos: Acisa Ribadeo, Concello de Ribadeo, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.