Horarias
Os establecementos hostaleiros de Ribadeo poderán abrir dúas horas máis durante o Nadal grazas a Acisa. Tamén poderán facelo en datas sinaladas ao longo do vindeiro ano 2024.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo os nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante a celebración destas datas de Nadal onde as ceas de traballo, de amigos e de familia son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Deste xeito tamén a veciñanza poderá gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Nestas datas de Nadal, especialmente na noite de fin de ano, queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna, a desfrutar das festas e do ocio nocturno na nosa hostalería. Ribadeo conta cunha gran oferta de ocio...
leer másOs locais hostaleiros asociados a Acisa poderán pechar unha hora máis tarde as madrugadas do 31 de outubro ao 3 de novembro, do 5 ao 8 de decembro e tamén do 23 ao 25 de decembro e do 30 al 31 de decembro, así como as madrugadas dos venres e dos sábados do último mes do ano. Pendente queda a notificación para a madrugada de fin de ano.
Desde a xerencia de Acisa, Jesús Pérez, explica que “a ampliación horaria para as datas indicadas será dunha hora sobre a habitual que marcan as licencias correspondentes. No caso de fin de ano a ampliación solicitada é de tres horas máis, pero está pendente de aprobación e será comunicada aos nosos asociados e asociadas ao longo do vindeiro mes de novembro”.
Pérez lembra que “so se poden beneficiar desta ampliación os establecementos asociados a Acisa Ribadeo, por iso dende a...
leer más