Este luns, 20 de agosto, celébrase o Día do Neno, dentro do programa das festas de San Bartolo, en Xove.
As actividades para esta xornada, festivo local en Xove, darán comezo ás 17:00 horas e terán lugar na praza do Centro Cívico. Haberá inchables e xogos como Tragón, Tigre, Supper Wipe Out, Futbolín Humano, Superbarredora y Deslizador Acuático (para realizar este xogo os nenos e nenas que participen deberán ir provistos dun bañador xa que se realiza nunha rampa con auga e remata nunha pequena piscina).
Ademais ás 22:00 horas no salón de actos do Centro Cívico o director de cine xovense Lázaro Louzao presentará a súa longametraxe Nove de novembro.
As actividades programadas polo Concello de Xove para as festas patronais deste ano continuarán con máis actividades como dúas exposicións, de manualidades Coas nosas mans XI, na Oficina de Turismo ata o 23 de agosto, e de fotografía Xove 360 Fervenzas, no Centro Cívico ata o 2 de setembro. Ademais dispútase o VI Open de Pádel San Bartolo que remata o 24 de agosto.