A terceira edición da Festa do Colesterol terá lugar o 24 de xullo en Foz

Foz celebrará o vindeiro mércores, 24 de xullo, na Praza Conde de Fontao (na explanada do porto) a 3ª edición da Festa do Colesterol, unha xornada dedicada á boa comida e á música en directo.

O evento contará cun menú composto por ovos fritos, chourizo, pan e patacas, acompañado de auga ou viño. Ademais, a partir das 21:00 horas a praza encherase de música coa actuación de Asociación Saiñas, que promete poñer ritmo á velada.

A Festa do Colesterol está organizada pola asociación Normanda Foz coa colaboración do Concello focego e Tradigalu.