Miradoiros
O Concello de Barreiros vén de instalar dúas plataformas-miradoiro ao carón da ría de Foz-Masma.
Segundo o Alcalde en funcións, Antonio Veiga, “estas infraestruturas atópanse nos lugares coñecidos como A Barcela e Pallares, localizacións desde as cales se obteñen unhas fermosas vistas deste espazo natural protexido e de gran beleza paisaxística”.
A Ría de Foz-Masma forma parte da Rede Natura 2000 baixo as figuras de protección ambiental “Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)” e “Zona de Especial Conservación (ZEC)”. Así, xunto coa Zona de Especial Conservación As Catedrais, ambos recursos están integrados nesta rede europea de espazos protexidos, considerada un importante instrumento para fomentar a conservación e posta en valor da biodiversidade.
Segundo o Concelleiro de...
leer másO Concello de Foz pon en marcha a Ruta dos Miradoiro despois de colocar un banco de madeira no monte Cornería. O alcalde, Fran Cajoto, chancea: “estamos a poñerllo ben difícil a Loiba, o banco do monte Cornería está a un nivel superior”.
O Concello de Foz vén de poñer en valor o miradoiro natural do monte Cornería, punto central dunha das fermosas rutas de sendeirismo coas que conta o concello, e o concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica: “colocouse un banco rústico de madeira, feito por un ebanista local, que seguro fará as delicias dos visitantes que queiran achegarse a disfrutar das impresionantes vistas, tomar unha foto e levarse un bonito recordo de Foz. Desde o banco do monte Cornería podemos divisar a ría de Foz e o curso final do Masma, co Mar Cantábrico abrazando a vila de Foz e Vilaronte aos nosos pés”.
... leer más