A XI Festa do Percebe de Xove celébrase este sábado, 20 de xullo

Este sábado, día 20 de xullo, a partir das 12 do mediodía terá lugar na Praza do Concello de Xove a décimo primeira edición da Festa do Percebe.

A xornada vai estar amenizada pola charanga Os Charangos e unha disco móbil e o pregón correrá a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

O evento está organizado pola Asociación de Festexos A Medorra e o Concello de Xove e na presentación participou a concelleira de Agricultura, Gandería, Montes, Educación e Cultura, María Dolores Meitín Guerreiro.