Festa

Etiquetas:
18/02/2019

O Concello de Barreiros colabora co CF CeltaBarreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.

O menú consistirá en sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para @s nen@s de ata 10 anos. A cea será servida polo cátering Chao dos Navais e o baile estará amenizado pola discoteca móbil Eventec. Ademais haberá sorteo de grandes premios.

As persoas interesadas en asistir a esta festa poden facer as súas reservas nos números de teléfono: 659 392 666 (Manolo), 667 316 459 (Demelsa) ou 609 575 536 (Iria).
No evento colaboran ademais do Concello os restaurante O Asador...

leer más
Etiquetas:
06/02/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza un ano máis a súa campaña de San Valentín que se desenvolverá no comercio do 8 ao 17 deste mes de febreiro e que inclúe o sorteo de regalos. E tamén se celebrará a 9ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar do 14 a 17.

As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a ACIA Foz, dende este venres, 8 de febreiro, ata o día 17 entrarán no sorteo de 8 premios especiais. Estes agasallos consistirán en diferentes tratamentos estéticos, ofrecidos pola clínica Maas+Saúde. Trátase de 3 sesións de depilación do pack ingles e axilas, 3 sesións de depilación de medias pernas, 1 pack de masaxe reductor-presoterapia e 1 de hixiene facial con ácido salicílico. O sorteo será ofrecido en directo por Radio Foz o 19 de febreiro.

O CCA focense organiza tamén a 9ª...

leer más
Etiquetas:
28/01/2019

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos e a AC Airiños do Xunto anuncian que, un ano máis, organizan a V edición da Foliada de Cervo e a XIII Festa de Degustación da Carne de Porco, que se celebrarán na praza do Souto, en Cervo, o 11 de maio.

Ademais comunican que todo aquel grupo que desexe participar debe inscribirse en: https://goo.gl/forms/X4QCbp3ZgG8ia9F93.

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos informará de todas as novidades do evento a través da súa páxina www.facebook.com/romeriadesargadelos ou da foliada.

Aquelas persoas que queiran poñer un posto de gastronomía, artesanía, cosmética, ecoloxía… no mercadiño poden contactar coa organización. 

 

21/01/2019

A tradicional Festa do Mexillón, de San Ciprián, no concello de Cervo, celebrarase este ano o día 23 de febreiro, sábado. Durante esa xornada os establecementos hostaleiros participantes neste festexo gastronómico ofrecerán tapas e racións de mexillóns en diferentes preparacións.

O evento foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde cervense, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Mali Méndez, e representantes do sector hostaleiro de San Ciprián.

 

Etiquetas:
19/01/2019

Desde a organización explican: Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a Festa da Árbore con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 2 de febreiro en Mondoñedo. Pero este ano é un ano especial, por cumplirse 450 anos da primeira celebración, no ano 1569. Por eso, preparamos unha programación moi completa e convidamosvos a tod@s a participar con nós.

A partir das 10:30h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo inicianse as actividades cun Roteiro da Árbore a cargo de Francisco Piñeiro, mindoniense de pro, que nos levará por todos os recunchos da cidade  recordando as zonas arboladas que existían e sumerxindonos no pasado cos ollos de hoxe. Ao remate, ás 12.00h e desde a Casa de Luis Luaces (ex-rexedor mindoniense a quén lle debemos esta celebración)...

leer más
Etiquetas:
11/01/2019

A XVI edición da Festa do Chícaro ou Berberecho celebrarase en Foz os días 19 e 20 deste mes de xaneiro. O programa de actividades foi presentado este mediodía nun acto que se desenvolveu na Casa da Cultura. Participaron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro do Mar, Pedro Fernández Manín; e a deputada provincial Mayra García Bermúdez. 

O día 17 haberá unha charla sobre Marisqueo e Acuicultura en Galicia e o 19, a partir das 12:00 horas, será a inauguración da festa e o pregón, que pronunciará Eduardo Fraga, ex secretario da Confraría de Pescadores de Foz. Ese día na carpa instalada no peirao poderanse degustar chícaros en empanada, á provenzal, ao vapor e tamén con fabas de Lourenzá. Esta festa gastronómica tamén se desenvolverá en varios locais hostaleiros da vila o sábado e o domingo.

O...

leer más
Etiquetas:
08/01/2019

Acisa Ribadeo ultima os detalles do sorteo de 5.000 euros en vales de compra na VIII Festa do Comercio que se celebrará este sábado, 12 de xaneiro, a partir das 20:30 horas no parque de San Francisco, na carpa na que estivo instalada a pista de xeo. 
Todas as persoas que están a realizar as súas compras nos establecementos asociados a Acisa desde o pasado 1 de decembro e ata o vindeiro sábado entrarán no sorteo de importantes premios.

Desde a xerencia de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “a contía que destinamos aos premios son 5.000 euros en vales de compra para gastar no comercio local asociado nun prazo de dous meses. Nesta edición da Festa do Comercio queremos dar premios grandes e así establecemos un primeiro de 2.000 euros en vales de compra, un segundo de 1.000 euros, un terceiro de 500 euros e dous cuartos de 250 euros cada un...

leer más
Etiquetas:
29/12/2018

O Concello de Cervo organiza este mércores, 2 de xaneiro, unha festa acuática infantil.

O horario será desde as 17:00 ás 19:00 horas e terá lugar na piscina de Lieiro, en San Ciprián. A entrada é gratuíta.

Os nenos e nenas ata 7 anos terán que ir acompañados de pai, nai ou titor/a. Os nen@s, ata 10 anos, que non saiban nadar tamén é obrigatorio que vaian acompañad@s por pai, nai ou titor/a.

 

Etiquetas:
13/12/2018

O Concello organiza unha Festa de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Os destinatarios son os máis pequenos e as máis pequenas da casa. O evento terá lugar no pavillón municipal de San Cosme de 16:00 a 19:00 horas.

Haberá inchables, obradoiros e animación musical. Os nenos e nenas que participen nesta festa recibirán a visita de Papá Noel. E rematarán a xornada disfrutando dun chocolate con churros.

O Concello de Barreiros convida a tod@s, especialmente aos máis pequenos da casa, a participar nesta Festa de Nadal do 22 de decembro. 

 

Etiquetas:
04/12/2018

A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín, de Celeiro, anuncia que a celebración da XXII edición da Festa da Merluza do Pincho do ano 2019 será o 20 de xullo.

Esta festa foi declarada de Interese Turístico Galego en xullo de 2013, pasando así a ocupar un lugar importante tanto na actividade turística mariñán como da provincia de Lugo e da comunidade galega ao ser un reclamo cultural extraordinario para o visitante.