Festa

Etiquetas:
25/08/2019

A Asociación Desembarco Normando organiza a IX Festa Normanda de recuperación da memoria histórica, que se celebrará en Foz os días 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro.

O xoves, 29 de agosto, ás 20:00 horas, procederase á apertura do mercado e haberá animación musical a cargo do Feitizo.

O venres, 30 de agosto, ás 12:00 horas será a apertura do mercado e a inauguración da Festa e Campamento Normando, sito no Paseo da Ribeira. Durante toda a xornada haberá actividades de animación e recreación histórica. Ás 21:00 horas celebrarase o pregón que correrá a cargo de Belinda Washington, na área recreativa do Bispo Santo. Despois terá lugar a representación teatral da lenda de San Gonzalo por parte das veciñas e veciños de San Martiño, dirixidos por José Peinó. Haberá servizo gratuíto de autobuses ata a área recreativa...

leer más
Etiquetas:
12/08/2019

O venres, 16 de agosto, celébrase en Ribadeo a Festa de San Roque. Pola mañá sairán os Cocos e os Cabezudos, haberá concerto da Banda Municipal ribadense e pola noite festa verbena.

A cita está organizada pola asociación cultural San María do Campo e San Roque, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.
Pola mañá potentes bombas de palenque anunciarán a festividade do copatrón da vila, San Roque. Ás 11:30 horas sairán os Cocos e os Cabezudos desde a Oficina de Turismo. Irán acompañados do grupo de gaitas Illa Pancha. Ás 12:30 hora será a misa solemne na capela de San Roque, a continuación haberá procesión e despois concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. 

E xa pola noite a partires das dez terá lugar a festa verbena na honra de San Roque, que estará...

leer más
Etiquetas:
09/08/2019

A Irmandade de San Caetano de Celeiro de Mariñaos organiza a XXIV edición da Festa da Tortilla, que se celebrará os días 16 e 17 de agosto.

Haberá diversas actuacións musicais e estarán o grupo Xaramolo de música tradicional, a charanga Lou Band, Paco Nogueiras con Radio Bule Bule, a formación Almas de Contrabando que ofrecerán versións de pop rock e Chechu e Salva Dúo Diamantes.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Barreiros, Deputación de Lugo e Gadis.

 

06/08/2019

Este xoves, 8 de agosto, darán comezo os actos da Maruxaina 2019, festa declarada de Interese Turístico Galego, coa presentación do libro María na busca da liña do horizonte, de Esther López Castro. O acto, organizado pola asociación Amigos da Maruxaina, terá lugar no Museo do Mar de San Ciprián ás 20:00 horas.

O venres, 9 de agosto, ás 19:00 horas, celebrarase o gran chupinazo e despois será a concentración de maruxain@s para encher o bandullo cunha degustación, a prezos módicos, de empanadas típicas galegas e bolos preñaos. Ás 21:00 horas procederase ao nomeamento d@ Maruxaino de Honra 2019, a cargo da asociación Amigos da Maruxaina.

O sábado, 10 de agosto, ás 11:00 horas, será o gran chupinazo e despois haberá actuacións de charangas e gaiteiros. De 11:00 a 14:00 horas na praza dos Campos realizaranse talleres...

leer más
Etiquetas:
31/07/2019

A asociación cultural Virxe das Dores organiza a VII edición da Festa do Xamón Cocido que se celebrará este sábado, 3 de agosto.

A festa terá lugar na praza do Souto, en Cervo, a partir das 12:00 horas, e pola tarde desde as 19:00 horas.

Serviranse racións de xamón ao prezo de 5 euros e de chourizo por 1´5 euros a unidade. A festa estará amenizada polo DJ FDB.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Cervo e A.C. Airiños do Xunco. 

Etiquetas:
26/07/2019

O 3 de agosto celebrarase a XVI Festa do Percebe de Rinlo, que foi presentada esta mañá a carón das vellas cetáreas. En total vanse poñer á venda, na carpa da organización, 750 quilos deste produto e o prezo da ración será de 13 euros. Como novidade haberá visitas guiadas ás antigas cetáreas de Rinlo, unha pola mañá e outra pola tarde, e tamén un vaso conmemorativo deste evento gastronómico.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declarou que “é a décimo sexta edición da Festa do Percebe de Rinlo, van máis de tres lustros desde esta idea que xurdira do Concello de Ribadeo nos primeiros anos, e despois foi trasladada á confraría de pescadores, singularmente a esta agrupación de percebeiros e percebeiras que a compoñen. Durante todo este tempo estiveron facendo unha festa que atrae a moitísima xente, que se fai no mellor da época estival,...

leer más
Etiquetas:
24/07/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á festa do viño Albariño, de Cambados, evento que está declarado de interese turístico internacional. A viaxe será o día 3 de agosto, sábado.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo, a comida e seguro de asistencia de viaxe. O prezo é de 45 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

Etiquetas:
17/07/2019

Presentada a XXII Festa da Merluza de Celeiro, que se celebra o vindeiro sábado, 20 de xullo, a partir das 21 horas na Lonxa Vella de Celeiro. Repartiranse entorno a 2000 racións de merluza fresca do pincho e 7 modalidades diferentes: especial Penalba, a la gallega, en salsa verde, en salpicón, en caldeirada, en empanada o en Galipizza. Os prezos oscilarán entre os 4 e os 10 euros. 

Esta Festa é posible grazas a: 
Aos 100 voluntari@s que colaboran na organización 
Cofradía de Pescadores de Celeiro
Puerto de Celeiro S.A. 
Concello de Viveiro
Deputación de Lugo
Abanca
Gadis

Desde a organización animan a acudir a Celeiro este sábado: "achégate a probar a merluza de Celeiro, a mellor do mundo enteiro!".
 

15/07/2019

A III Festa do Chicharro Lañado terá lugar este venres, 19 de xullo, no peirao de San Ciprián, a partir das 19:30 horas.

A cita está organizada pola A.P.A. Coletiñas e A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados dunha representación das dúas asociacións organizadoras.

Repartiranse racións de chicharros lañados, cachelos e pan a un prezo de 5 euros, e haberá música en directo a cargo de DJ Posesion e Jam Session; a tarde estará amenizada polos Misturos. 

 

Etiquetas:
11/07/2019

O programa de actos dará comezo ás 12:00 horas, na praza do Concello, coa actuación da charanga Os Charangos e Disco Móbil. Ás 12:30 horas presentarase Acuario, obra de teatro coa que descubrir a riqueza biolóxica e gastronómica do litoral xovense. Ás 13:30 horas haberá un obradoiro de chapas, na praza do Concello ou, en caso de mal tempo, no salón de actos municipal, con entrada de balde ara completar aforo.

Non faltará como é habitual a tradicional degustación deste exquisito produto e doutros manxares desta terra.

Ademais ata o día 28 de xullo, na Sala de Exposicións do Concello, pode visitarse a mostra O percebe e o seu ecosistema, en horario de 10:00 a 21:00.

O evento está organizado polo Concello de Xove, a asociación de festexos A Medorra, o Grupo de Acción Local do Sector...

leer más