comercio
Miles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do Comercio, de Acisa Ribadeo, celebrado na noite de onte nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro. En xogo estaban 6.000 euros en vales de premios para gastar nos negocios locais asociados ao colectivo empresarial ribadense.
-O 1º premio, de 2.500 euros foi para Naroa Penedo Rodríguez
-O 2º premio, de 1.500 euros correspondeulle a Isabel Aguado Yáñez
-O 3º premio, de 1.000 euros foi para Rosa Mª Díaz López
-O 4º premio, de 500 euros correspondeulle a Luis Vieira Crespo
-O 5º premio, de 250 euros foi para Miguel Ángel Cima Álvarez
-E o premio non presencial, de 250 euros, foi para o número 158.296 (entregado en la Farmacia Álvarez Lebredo)
A noite arrincou co sorteo do premio non presencial, no que entraron as 170.000...
leer másEste sábado, 13 de xaneiro, terá lugar a XIII Festa do Comercio de Acisa Ribadeo, que repartirá 6.000 euros premios. O sorteo será nas carpas instaladas na Avenida Rosalía de Castro.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explicou que “chega unha data moi importante para Acisa, chega un ano mais tras o Nadal o sorteo presencial da Festa do Comercio, que se realiza coas rifas entregadas durante toda esta campaña comercial de Nadal en Ribadeo, que deu comezo o pasado 1 de decembro. O sorteo comezará ás 20:30 horas, pero a urna estará instalada dende as 17:00 horas para que todos os veciños e veciñas poidan depositar as súas rifas nela con tempo e non ter que facer cola a última hora”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “como todos os anos haberá cadeiras para que a xente mais maior poida seguir o...
leer másAciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará do 20 ao 22 de xullo.
Durante esas xornadas os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 34 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, OfiFoz, Sensación Surf, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo te mimo.
O...
leer másAciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xullo.
Durante esas xornadas os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 34 establecementos, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, OfiFoz, Sensación Surf, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo te mimo. ...
leer másA décimo novena edición da Ruta das Tapas e o Comercio na Rúa animarán a vindeira Semana Santa en Foz.
A Ruta de Tapas, todo un clásico destas datas en Foz, desenvolverase do 6 ao 8 de abril en nove locais hostaleiros da vila. Trátase de Anduriña, A Rambla-Pachán, Bar 78, Dandy, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, O Tangarte e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “temos unha nova cita coa Ruta de Tapas de Foz, moi agardada pola clientela e polo sector hostaleiro. Son 9 as propostas que poderemos saborear ao longo de tres días entre a unha e as tres da tarde e de oito a once da noite. O prezo da tapa será de 2,5 euros”.
Durante a Semana Santa volve tamén o Comercio na Rúa, que ofrecerá descontos especiais os días 5, 6 e 8 de abril (mércores, xoves e sábado)....
leer másEn Ribadeo o 14 de xaneiro terá lugar a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros en premios.
O vindeiro sábado, 14 de xaneiro, terá lugar a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros premios. O sorteo, que tras a pandemia volve ser presencial, terá lugar na carpa instalada no parque de San Francisco.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “volvemos a recuperar o formato presencial deste importante sorteo da campaña de Nadal de Acisa, coorganizada este ano xunto ao Concello de Ribadeo. A última vez que fixemos este sorteo con público foi en xaneiro de 2020, unhas semanas antes de que o covid aparecese nas nosas vidas, e agora que volvemos á normalidade quixemos que a xente asista de novo en vivo e en directo a este evento”.
Cruzado Iglesias subliñou que “haberá cadeiras para acoller a 300 persoas no interior da carpa instalada no parque de San Francisco. É o aforo calculado e...
leer másAcisa está a repartir 20.000 bolsas entre as súas asociadas e asociados de comercio.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo reparte estes días 20.000 bolsas entre o comercio: “destinadas en parte á campaña de Nadal, pero tamén para o resto do ano. É un material que sempre se agradece moito”, explicou o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
A presidenta do colectivo, Carmen Cruzado, dixo que “estas bolsas únense ás preto de 30.000 unidades de diversos materiais para a hostalaría, como son os envases e bolsas de comida para levar, bolsas para as botellas de viño ou os vasos térmicos”.
E subliñou: “agradecémoslle á Dirección Xeral de Comercio a súa axuda para contar con esta nova partida de 20.000 bolsas. Agardamos no futuro seguir mantendo esta colaboración e...
leer másAcisa ven de presentar a súa campaña de Nadal, este ano coorganizada entre a asociación empresarial e o Concello de Ribadeo, que se desenvolverá do 15 de decembro de 2022 ao 14 de xaneiro de 2023. Inclúe a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical, obradoiros, teatro, reparto de materiais entre os asociados e asociadas e sorpresas para os máis pequenos e pequenas da casa; así como a instalación da árbore de Nadal e na praza de San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “hoxe presentamos a campaña de Nadal que se desenvolverá do 15 de decembro ao 14 de xaneiro. Inclúe o sorteo da XII Festa do Comercio con 4.000 euros en premios, a colocación do árbore de Nadal de Acisa, que inauguramos hai uns días, actividades para as nenas e os nenos e a entrega de material gratuíto para...
leer másO Concello de A Pontenova organiza unhas xornadas de formación online para o turismo e o comercio que se desenvolverán durante o mes de febreiro.
A primeira actividade, titulada Ferramentas dixitais de atención ao cliente, celebrarase o día 9 de febreiro de 19:00 a 21:00 horas.
A programación continuará o 16 de febreiro coa xornada sobre Whatsapp para empresas e outros sistemas de comunicación. Desenvolverase de 19:00 a 21:00 horas.
A última xornada terá lugar o día 23 de febreiro, tamén de 19:00 a 21:00 horas, e abordará o tema de Instagram para o teu negocio.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través de www.turismoapontenova.es/inscricions.
O vindeiro luns, 10 de xaneiro, terá lugar o sorteo da XI Festa do Comercio de Acisa Ribadeo. En xogo estarán 4.000 euros premios. Por segundo ano consecutivo a cita non será presencial, debido á situación sanitaria que se está a vivir.
Todas as persoas que realizan as súas compras no comercio asociado entre o pasado 2 de decembro e ata o 9 de xaneiro están a recibir algunha as 200.000 rifas postas en circulación, setenta e cinco mil máis que o ano pasado.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “este ano, coma o pasado, o sorteo da Festa do Comercio non será presencial para evitar as aglomeracións que se producían outros anos nesa xornada. Vaise realizar nas oficinas de Acisa o 10 de xaneiro e será emitido en vídeo a través das redes sociais da nosa asociación, coa posterior publicación dos números...
leer más