A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín, de Celeiro, anuncia que a celebración da XXII edición da Festa da Merluza do Pincho do ano 2019 será o 20 de xullo.
Esta festa foi declarada de Interese Turístico Galego en xullo de 2013, pasando así a ocupar un lugar importante tanto na actividade turística mariñán como da provincia de Lugo e da comunidade galega ao ser un reclamo cultural extraordinario para o visitante.