
O Concello de Cervo organiza este mércores, 2 de xaneiro, unha festa acuática infantil.
O horario será desde as 17:00 ás 19:00 horas e terá lugar na piscina de Lieiro, en San Ciprián. A entrada é gratuíta.
Os nenos e nenas ata 7 anos terán que ir acompañados de pai, nai ou titor/a. Os nen@s, ata 10 anos, que non saiban nadar tamén é obrigatorio que vaian acompañad@s por pai, nai ou titor/a.