Festa
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes de Airiños A.C. Airiños do Xunco e a A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, presentaron a XII Festa de exaltación da carne do porco e a IV Foliada que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, o vindeiro 12 de maio.
A cita musical e gastronómica está organizada por estes dous colectivos, coa colaboración do Concello de Cervo
A Festa comezará ás 12:00 horas, cun obradoiro infantil de pandeireta e canto, ás 13:00 horas será a quenda da sesión vermú amenizada polas Pandereiteiras Sen Fronteiros; xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá un obradoiro de instrumentos de percusión con Xosé Lois Romeiro.
As actuacións musicais volverán coller o testigo ás 20:00 horas, coa actuación de diferentes...
leer másTrabada acolle a celebración a 1ª Festa Gastronómica da Enfariñada. A cita terá lugar o domingo, 6 de maio, na Praza do Concello.
Dará comezo ás 13:30 horas e a organización anuncia que haberá moitas sorpresas durante a festa.
O evento pretende poñer en valor a riqueza patrimonial e natural do concello xunto á súa riqueza gastronómica.
Organizan o Concello de Trabada, Trabada Camiño natural, Trabada Futsal e a Asociación de Mulleres Rurais Marco da Pena Verde.
Este sábado, 28 de abril, o Motoclub al Corte organiza en Ribadeo a VI Festa dos Ovos, Zorza e Patacas.
A cita terá lugar, a partir das 12:00 horas, no Parque San Francisco. Desde a organización animan a asistir.
O Concello de Lourenzá organiza o vindeiro martes, día 1 de maio, a tradicional Festa do Maio que se celebrará en Vilanova. Haberá premios para o mellor adorno de balcón, xanela ou local comercial e na Praza do Conde Santo ás sete da tarde terá lugar a actuación da Banda de Luis Vallecillo.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o próximo martes, día 1 de maio, celebramos un ano máis a tradicional Festa dos Maios de Lourenzá. Ás catro e media da tarde terá lugar a saída da Madalena do Mercado Comarcal Gandeiro para facer un percorrido polas principais rúas da vila chegando ao Cantón. Unha vez rematado o percorrido entregaranse os premios ao mellor adorno de balcón, xanela ou local comercial e tamén os premios do terceiro concurso Unha postal para mamá, organizado pola asociación de comerciantes e autónomos ACIAL de Lourenzá”.
... leer másA comisión de festas de Monte, formada por membros da asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os días 28 e 29 de abril.
O sábado, día 28, ás 13:00 horas, celebrarase a misa na igrexa parroquial e procesión na honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Pecados. Ás 15:00 horas, terá lugar un xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 646 647 619. Ás 17:00 horas, comezará a verbena con Pecados e Fénix na que haberá trofeos para as tres mellores parellas de baile, para a máis vella e a máis nova.
O domingo, día 29, ás 10:00 horas dará comezo unha xuntanza cabalar e ruta de sendeirismo Penasagudas á Cruz do Pau da vella (a pé ou a cabalo), organizada pola asociación Cruz de Loureiro....
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; o Alcalde da Pastoriza, Primitivo IglesiasSierra, e o Presidente da Asociación de Amigos da Feira de Bretoña, Luís LindínLoisanos, presentaron este luns no CENTRAD, a X Edición da Festa de bola de liscos e das freces da Pastoriza, que se celebrará os días 21 e 22 de abril, na que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros. Ademais nesta ocasión, tamén haberá unha exposición dun selecto grupo de materiais de artesanía como pezas de olería, traxes tradicionais e cestería.
Campos Conde avanzou“que o Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila.Esta pasada fin de semana vimos de apoiar a festa dos Ferreiros de Riotorto coa que tamén colaborou o Goberno da Deputación, a...
leer másDo venres, 30 de marzo, ao domingo, 1 de abril, celébrase no porto de Espasante, en Ortigueira, a IV edición da Festa do Polbo.
O venres 30 a partires das 13:00 horas haberá sesión vermú con Souto Xímaro. O sábado 31 a sesión vermú desde as 13:00 horas estará amenizada por Berros do Castro. Desde as 13:00 horas haberá inchables para os nenos, e os dous días Feira de Artesanía e Alimentación desde as 12:00 ata as 20:00 horas.
Poderá degustarse empanada de polbo con algas ao prezo de 5 euros, polbo á feira a 10 euros e polbo con fabas de Lourenzá a 10 euros. Haberá dúas carpas instaladas no miradoiro da praia de San Antonio. Os organizadores subliñan que se trata de “polbo da ría 100%”. Ademais do venres ao domingo terá lugar, no centro social, unha exposición de patchwork da AC Gamelas e Anduriñas.
... leer másA cita foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as edís de Turismo e Cultura, Manuela Méndez, e Dolores García Caramés; e por representantes da hostelaría local.
A Festa volve contar cun programa repleto de actos e actividades que xirarán ao redor do protagonista ese día, o ourizo.
Deste xeito, avanzaron, que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 12:00 horas do mediodía, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de tres prestixiosos chefs que cociñarán ante os asistentes innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Pepe Vieira, do Restaurante Camiño da Serpe, Diego López, do Restaurante La Molinera, e Pedro Martino, do Restaurante Naguar, da veciña Asturias.
Ao...
leer másA asociación cultural Saiñas de Xove organiza este sábado 3 de marzo a XIII Festa do Lacón que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes, a partires das 20:30 horas.
O prezo da ración é de 9 euros, 8€ na venda anticipada que pode facerse en Estética Marta. O menú inclúe sopa, pataca, chourizo, lacón, pan e bebida, ademais de chocolatada.
Haberá sorteos e festa rachada a partires das 23:00 horas coa Discoteca Móbil Decibelios.
Colabora o Concello de Xove.