Entroido
O luns de Entroido, 4 de marzo, celebrarase unha festa infantil no recinto feiral de Lourenzá. Será desde as 17:00 ata as 20:00 horas con entrada gratuíta. Haberá actuacións de Galimatías Os cómicos da rúa, chocolatada e actuación do Dj Billy.
Tamén ese luns, pero a partir das 23:00 horas terá lugar un baile de carnaval. O prezo da entrada será de 7 euros (con 1 consumición). Actuará o Grupo Fénix e Dj Billy. Ás 1:30 horas celebrarase o desfile e haberá premios en Individual de 50€ para o 1º, 35€ ao 2º e 25€ ao 3º; Parella con 80€ para o 1º, 60€ ao 2º e 30€ ao 3º; e para Grupos con 120€ para o 1º, 80€ ao 2º e 60€ ao 3º.
Organiza a ACIAL coa colaboración do Concello de Lourenzá.
A parroquia de Cervo celebrará o seu Entroido o domingo 3 de marzo; pero xa o sábado 2, como antesala do Gran Desfile, terá lugar o tradicional Play Back Infantil, ás 18:30 horas, no salón de actos do Concello.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por Rafa Blas e Carlos Sanz, en representación de Airiños do Xunco.
Os participantes deberán concentrarse o domingo 3 de marzo, ás 17:00 horas, no Pavillón de Cervo para formalizar a inscrición no desfile.
Xa ás 18:00 horas está prevista a saída do mesmo polas rúas de Cervo. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas de produtos típicos de Entroido.
... leer másA Delegación de Cultura de O Valadouro organiza as actividades do Entroido que se desenvolverá dos días 3 ao 9 de marzo, en colaboración coa asociación cultural Amado Lar.
O 3 de marzo celebrarase o desfile de Entroido, a partires das 17:00 horas. A saída será do parque Concepción Arenal, pola praza ata o pavillón, e haberá a actuación musical do Dúo Merengue. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura entre o 25 de febreiro e o 2 de marzo, e tamén o mesmo día do desfile no local social do parque Concepción Arenal.
Haberá premios nas categorías: Infantil Individual de 100€, 70€ e 50€; Infantil Parella de 120€, 90€ e 50€; Infantil Grupo de 200€, 150€ e 100€; Adulto Individual de 150€ e 100€; Adulto Parella de 170€ e 120€; e Adulto Grupo de 300€, 200€ e 150€.
O 5 de marzo será o...
leer másA Concellería de Cultura organiza o Festival Infantil do Entroido 2019 o 3 de marzo. A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro entre as 17:30 e as 20:15 horas.
Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos máxicos e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun responsables desa rapaza ou rapaz”.
Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No Festival Infantil do Entroido 2019 en Barreiros tamén participarán Os Cabezudos.
O desfile de Entroido de Alfoz, tradicionalmente organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, estará este ano organizado pola Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz xunto coa comparsa local Os Fandangueiros. Tal e como indica o tenente alcalde Xabier Pardiñas “Non podíamos deixar de celebrar este evento. Tanto nenos coma maiores agardan o luns de Entroido para vir desfilar a Alfoz desde fai preto de trinta anos”.
O evento iniciarase ás 20:00 horas do luns de Entroido coa apertura de inscricións para todos os participantes. Os desfiles terán lugar ás 21:30 no caso da categoría infantil e ás 23:00 no caso da categoría de adultos e as comparsas e charangas. Durante a velada, que se celebrará no Pavillón Municipal de Alfoz, actuará a orquestra Chastton. O local estará calefactado e haberá servizo de barra con bocadillos...
leer másA comisión de Entroido ribadense acompañada dun grupo de colaborador@s está a ultimar os preparativos para sacar a diante o programa que Ribadeo se merece.
Ao longo destes días, comezarán a pedir a colaboración entre a hostalería e o comercio ribadense, co fin de recadar fondos que irán destinados, entre outras cousas, aos premios que se repartirán no desfile do Martes de Entroido.
O programa de actividades dará comezo os días 23 e 24 de febreiro coa Festa dos Freixós no Teatro. Así, xa dende o sábado a partir das 12.00 da mañá poderase degustar esta sobremesa típica do Entroido.
O sábado, 2 de marzo, ás 21.00 horas no Teatro continuará a programación coa celebración da Gala do Entroido, que xirará entorno a unha temática concreta: a música. Unha hora antes os membros da Carroza do...
leer másO desfile do Entroido 2019 en Burela será o domingo, 3 de marzo e a premios vanse destinar máis de 3.000 euros. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agradece a colaboración do comercio e da hostalería locais, xa que doarán grande parte dos devanditos premios. O luns haberá actividades para os máis pequenos e o martes, 5 de marzo, que é festivo local, será o Día do Neno con xogos e actividades na carpa que estará instalada na praza do Concello e que será de maiores dimensións que a do ano pasado. Díaz mantivo onte á tarde un encontro coas asociacións de Burela para preparar o Entroido.
O concelleiro de Cultura explicou que “tuvimos en el Concello una reunión con las asociaciones locales de todos los ámbitos, culturales, sociales, etc…, buscando un poco su colaboración, como hacemos ya desde hace años, para el Entroido 2019 que coincide el...
leer másO Concello de Foz presentou hoxe, venres, o seu programa do Entroido 2019. Os actos darán comezo o 16 deste mes coa cea de coroación da raíña e seguirán o día 28 co Xoves de Comadres. César Rodríguez González, coñecido como Cesarín, será o encargado de dar o pregón o 1 de marzo e o día grande será o 2 de marzo, data na que se celebrará o tradicional desfile do Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. As actividades seguirán ata o 8 de marzo.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, que estivo acompañado na presentación polo concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, anunciou que “no día de hoxe vimos de presentar unha nova edición do Entroido de Foz, que comezará os seus actos o próximo sábado 16 de febreiro, coa cea de coroación da raíña do Entroido. É un éxito máis de participación, con máis de 800 entradas vendidas...
leer másMondoñedo celebrará o seu tradicional desfile de Entroido o sábado 9 de marzo. A alcaldesa, Elena Candia, xunto ao edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García; e ao presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM), Ángel Marful, presentaron o cartel anunciador dos festexos deste ano, durante os que se repartirán 5.000 euros en premios.
Dende o Concello anualmente amósanse comprometidos coa celebración do Entroido co obxecto de dinamizar e impulsar o tradicional desfile da cidade, “ao que acoden participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”, explican.
O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíña do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento...
leer más