Entroido
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e aos de ESO do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Cada concursante pode presentar unha ou máis caretas a este Concurso, iso sí, só poderá optar a un solo premio. Lóxicamente, dende o Concello o que pretendemos con este Concurso é potenciar a participación e creatividade dos nosos...
leer másAciaFozCCA anima a facer as compras de San Valentín no comercio local e a disfrutar dos escaparates que xa están cheos de color e de disfraces para render tamén unha homenaxe ao Entroido de Foz, xa que neste 2021 non se poderá celebrar o tradicional desfile.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “temos tanto o Entroido como San Valentín á volta da esquina. Desde o Centro Comercial Aberto queremos animar á xente a que faga as súas compras para o Día dos Namorados no comercio local, onde xa poden atopar avances das coleccións de primavera. Os escaparates dos nosos establecementos están cheos de color e tamén de disfraces para celebrar ambas datas e para render homenaxe ao Entroido de Foz, xa que neste 2021 non teremos o tradicional desfile, debido á situación sanitaria que estamos a vivir”.
...
leer másBaixo o lema 'Entroido na casa, verán na praza? (Fagámolo posible)', o goberno municipal de Viveiro convida á veciñanza a participar subindo un vídeo co seu disfrace a www.viveiroentroido.com
A Concellaría de Cultura do Concello de Viveiro organiza este ano un desfile dixital de disfraces co obxectivo de manter viva a tradición do entroido no municipio.
Por este motivo, e baixo o lema 'Entroido na casa, verán na praza? (Fagámolo posible)', o goberno municipal de Viveiro convida á veciñanza a participar subindo un vídeo co seu disfrace a www.viveiroentroido.com
“A situación epidemiolóxica impide a celebración do tradicional desfile de disfraces e carrozas, pero o entroido de Viveiro é unha das citas do ano e non queremos...
leer másO Concello de Barreiros editou un calendario de 2021, que está dedicado ao Entroido. Os veciñ@s poden recoller o seu exemplar nas oficinas municipais.
Desde o Concello explican que “no 25 aniversario dos nosos xigantes e cabezudos quixemos que o protagonismo do 2021 fora para o Entroido. Porque si, temos a seguridade de que, igual non no ano que entra, pero volveremos celebrar o Entroido e as rúas volverán á vida. E mentres tanto poderemos deleitarnos lembrando aquelas celebracións”.
O Concello de Foz mantivo unha reunión telemática con representantes dos distintos grupos e comparsas do Entroido de Foz para preparar unha celebración que será diferente a dos anos anteriores debido á pandemia de COVID-19.
O alcalde focense, Fran Cajoto, explica que “nun contexto complicado de pandemia coincidimos en que hai que manter o espírito do Entroido vivo, polo que saíron a colación na reunión distintas alternativas, como potenciar a revista do Carnaval ou promover mediante o audiovisual distintas accións. Nun ano no que as actividades multitudinarias non son posibles, é de agradecer o entusiasmo e a dedicación que lle seguen poñendo as distintas peñas, valor que debemos potenciar xa que o compañeirismo e o tecido social e asociativo que existe en Foz é unha das nosas principais sinais de identidade e un orgullo para todos os...
leer másO Concello de Cervo organiza unha festa infantil, que se celebrará este luns, 24 de febreiro, a partires das 17:30 horas, na carpa instalada na praza dos Campos de San Ciprián.
La Banda de Albert presentará o espectáculo Mickey y Minnie na gran festa de carnaval. Haberá inchables, obradoiros de pintacaras e chocolatada. A entrada será gratuíta.
Ademais a Asociación de Veciños de Lieiro organiza un baile de entroido que terá lugar o venres 28 de febreiro, a partires das 21:30 horas, no local social da asociación.
Haberá chocolatada e actuará o grupo Épo-K. A entrada será libre. O Concello de Cervo colabora con esta actividade.
Tamén a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unha festa de entroido, o sábado 29, a partires das 22:30 horas, no pavillón...
leer másBurela acollerá a celebración do seu desfile de entroido este domingo, 23 de febreiro, ás 17:00 horas con saída da rúa do Ril e chegada á praza do Concello, pasando pola avenida Arcadio Pardiñas e Eijo Garay.
As inscricións poden facerse ata o día 21 nos números de teléfono 982 581 141 e 647 136 673, a través da dirección casadaxuventude@burela.org ou no local social da SCR Ledicia o mesmo domingo do desfile, dende as 15.30 horas.
Ao final do desfile haberá chocolate e croissants gratis na carpa da praza do Concello, a entrega de premios e animación musical con Eventec.
Haberá premios, na categoría Infantil Individual: 90€ para o primeiro e 40€ para o segundo; Parella: 100€ para o primeiro e 60€ para o segundo; Grupo: 200€ para o primeiro,...
leer másAlfoz celebrará o seu desfile de entroido, o luns 24 de febreiro, ás 21:30 horas nas categorías infantís e ás 22:15 h. nas de adultos.
As inscricións anticipadas poden facerse en asociación.ocastelo@gmail.com ata o día 23 ou presentarse o mesmo día do desfile ás 20:00 horas.
Haberá premios, nas categorías Infantil (ata 14 anos) Individual: 40€ para o primeiro, 30€ para o segundo e 20€ para o terceiro; en Parellas: 60€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro; e Grupos: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro. En Adultos Individual: 70€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 30€ para o terceiro; Parellas: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro; e Grupos: 150€ para o primeiro, 100€ para o segundo e 70€ para o...
leer másO desfile de Entroido en O Valadouro celebrarase o vindeiro domingo, 23 de febreiro, ás 17:00 horas, con saída do parque Concepción Arenal e ata avenida Viveiro, pasando por A. López Palmeiro, praza de Santa María e A Ponte.
Haberá premios para a categoría infantil, en Individual: 100€, 70€ e 50€; en Parella: 120€, 90€ e 70€; e en Grupo: 200€, 150€ e 100€. Para a categoría de adultos, en Individual: 150€, 100€ e 70€; en Parella: 170€, 120€ e 90€; e en Grupo: 300€, 200€ e 120€. Tamén haberá premios para Comparsas de 400€, 250€ e 150€, e o entroido simpático de 60€.
Ao final do desfile celebrarase un baile e a entrega de premios, no pavillón polideportivo, con Discoteca Móbil Eventec. A inscrición previa deberá facerse nas oficinas da Casa da Cultura e o mesmo día no local do parque Concepción Arenal, de 15:00 a 16:...
leer más