Entroido
O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido, que terá lugar o 16 de febreiro a partir das 21:00 horas na Praza do Concello. O programa e o cartel foron presentados hoxe. No acto estiveron o alcalde, Alfonso Fuente, e representantes dos colectivos colaboradores.
Este desfile percorrerá as rúas do pobo e contará coas actuacións das comparsas Habelas Hainas e Os Macanudos. Os premios para as comparsas e charangas serán de 300 euros para o primeiro, 250 para o segundo e 150 euros para o terceiro. Na categoría de adultos grupo o primeiro recibirá 100 euros e 50 o segundo. En adulto parella o primeiro premio será de 60 euros e o segundo de 40, e en adulto individual o primeiro premio é de 50 euros, o segundo de 30 e o terceiro de 20 euros. Na modalidade infantil grupo o primeiro clasificado recibirá 60 euros e 40 o segundo,...
leer másA Concellería de Cultura programa para este fin de semana o rastrillo popular solidario, que terá lugar o domingo, 11 de febreiro, na Praza da Mariña dende as 10:00 horas. Esa xornada pola tarde terá lugar o Desfile de Entroido a partires das 17:00 horas, no que se repartirán 4.000 euros en premios. Ademais o concelleiro de Cultura, José Díaz, lembra que xa están á venda, dende o pasado luns as entradas para o monólogo que Luís Zahera presentará en Burela o 16 de febreiro.
O edil burelés dixo que “ya están a la venta desde el lunes las entradas para el monólogo de Luís Zahera que tendremos el próximo 16 de febrero en el auditorio a las nueve de la noche. El monólogo se titula Chungo y Luís Zahera es un actor conocido por todos a nivel de Galicia, pero también ha hecho muchas cosas a nivel de España con participación en series y películas,...
leer másO Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Desfile de Entroido que se celebrará o domingo, 11 de febreiro, a partires das 17:00 horas. A saída será do Parque e percorrerá as rúas da vila para rematar no pavillón municipal onde terá lugar unha festa, amenizada polo grupo Tribal, na que se entregarán os premios do desfile.
Os premios serán de 300 euros para o primeiro na categoría de Adultos Grupo, 175 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro. En Adulto Parella o primeiro recibirá 170 euros e 120 euros o segundo. En Adulto Individual o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros. Na modalidade de Infantil Grupo o primeiro recibirá 200 euros, 150 euros o segundo e 100 euros o terceiro. En Infantil Parella o primeiro premio será de 120 euros, de 90€ o segundo e 70 euros o terceiro. E en Infantil...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (Acial) e o Concello organizan o desfile do Domingo de Piñata, que terá lugar o 18 de febreiro.
O cartel deste desfile foi presentado polo presidente da asociación de comerciantes, Javier Huertas Otero, e a tesoureira, Mª Fe de la Barrera, ademais de pola alcaldesa laurentina, Rocío López. Este cartel foi realizado a partir do debuxo gañador do concurso do cartel de entroido de Lourenzá que foi de Sergio García Barrera de 8 anos.
Este ano repartiranse no desfile uns 5.500 euros en premios repartidos nas categorías infantil, que recibirá premios para grupos, parellas e individuais, e adultos con premios para individuais, parellas e grupos de 3 a 10 persoas e de máis de 10 integrantes. Tamén se entregarán premios nas categorías de carrozas, charangas...
leer másA parroquia de Cervo celebrará o Entroido a vindeira fin de semana, o 10 e 11 de febreiro.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e en representación de Airiños do Xunco, Carlos Sanz e Azucena Cabodevila.
O sábado, ás 18:30 horas, terá lugar o tradicional Play-Back Infantil na salón de actos do Casa do Concello; e o sábado será a quenda do desfile de Entroido.
Os participantes deberán concentrarse ás 17:00 horas no Pavillón de Cervo para formalizar a inscrición no desfile.
Xa ás 18:00 horas está prevista a saída do mesmo polas rúas de Cervo. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica e unha cesta de...
leer másO Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 13 de febreiro.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estivo presente, Pilar Prieto, en representación do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Cea de Entroido.
O desfile partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.
A Charanga Os Macanudos amenizará a Festa xa dende as 17:30 horas; e ao remate do desfile haberá venda de bolos preñados a cargo da Asociación A Rebolaxe; e a música correrá a cargo do Grupo Kalimea.
...
leer másTras o éxito da cea de coroación do Rei do Entroido focense a festa continúa o xoves, 8 de febreiro, coa celebración do Xoves de Comadres nunha cea-baile no Restaurante Leytón ás 21:30 horas, organizada por AFFAMER e a Asociación de Amas de Casa de Foz.
O venres, 9 de febreiro, terá lugar o Pregón do Entroido 2018 a cargo de Fálame Sempre. Será na Sala Bahía ás 20:00 horas. De seguido desenvolverase o Concurso de Coplas a partires das 20:30 horas tamén na Sala Bahía.
O sábado, 10 de febreiro, ás 10:00 horas será o fogonazo e durante todo o día actuará Perkusiona Escolas de Batukada. Ás 17:00 horas dará comezo o Desfile de Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. Ao remate haberá unha chocolatada no Campo da Cabana. Ás 23:30 horas terá lugar un Gran Baile na Sala Bahía coas orquestras Gran...
leer másO programa de Entroido organizado polo Concello de Burela desenvolverase dende 11 ata o 14 de febreiro.
O domingo, día 11, será o Día do Desfile que dará comezo ás 17:00 horas con saída dende a rúa do Ril. As inscricións para participar poden realizarse na Casa da Xuventude, por correo electrónico en acasadaxuventude@burela.org, no local social da S.C.R. Ledicia sito na rúa do Ril número 4 ou o propio día do desfile entre as 16:00 e as 16:45 horas.
Ao remate do desfile, na carpa instalada na Praza do Concello, haberá unha chocolatada coa actuación dun dj e procederase á entrega de premios.
Os premios na categoría de Carrozas serán de 500 euros para o primeiro e 250€ para o segundo, ao igual que nas modalidades de Charangas e Comparsas. Na...
leer másO 11 de febreiro terá lugar o Festival de Entroido Infantil e Xuvenil 2018, que organiza o Concello barreirense a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Infomación Xuvenil.
Ese día de 17:30 a 20:15 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro haberá baile, música e desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para os disfraces individuais, parella e grupo e tamén agasallos para todos os participantes. Os rapaces e rapazas asistentes gozarán tamén da actuación de Chrystian Magic. A festa contará coa animación e o acompañamento dos cabezudos.
Desde o Concello animan a nen@s e rapaces a asistir a esta cita co Entroido en Barreiros.