Concerto
13/01/2016
A cantante portuguesa Maria do Ceo actuará o próximo 14 de febreiro no Auditorio Municipal de Burela, ás 20 horas. A venta de entradas anticipadas está dispoñible na web www.ataquilla.es, na Biblioteca Municipal e na Casa da Cultura, desde 10 euros. Na billeteira venderanse no Auditorio o mesmo día do concerto.
De Portugal a Galicia Fado é o novo disco de Maria do Ceo, co que pretende plasmar a fusión luso galega nun formato de dobre CD. No primeiro encontraremos cancións tradicionais do fado máis popular como Uma Casas Portuguesa ou Fado Minhoto, mentres que no segundo atopamos clásicos da música galega, entre eles Lela, Quen puidera namorala o una excepcional versión de Negra Sombra,...
leer más 13/01/2016
Este venres, 15 de xaneiro, ao longo da mañá haberá un concerto didáctico organizado por Odaiko Crea. Será no Cine Teatro e a el asistirán alumnos e alumnas dos colexios da contorna. O Concello colabora na celebración deste concerto cedendo as instalacións para facilitar a súa realización.
O grupo Odaiko xa ten demostrado as súas habilidades didácticas no eido dos concertos educativos aventurándose a debuxar sons e sensacións cos diferentes materiais que nos rodean na nosa vida cotián. Que estamos sentados apoiados nunha mesa, pois velaí vai un señor instrumento de percusión; que acabamos de escribir unha carta, outro instrumento máis co papel que empregamos, por non falar do vaso de auga que acabamos de beber!
Cos obxectos máis...
leer más 04/01/2016
A Concellería de Cultura de Burela e Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) organizan este venres, 8 de xaneiro, o concerto do grupo de rock indie Toma 612, que ten entre os seus membros a veciños de Burela. A actuación está prevista para ás 21 horas na Casa da Cultura da vila.
Toma 612 é grupo rock indie formado por catro músicos que proveñen de distintas vertentes. Dimas e Mario beben do jazz, Ramón do metal alternativo e do indie e Jhonny, pola súa banda, do rock arxentino e da capital. O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, asegura que con esta cita musical “la Concellería de Cultura apuesta por la música hecha desde Burela. Algunos de los componentes de Toma 612 son de Burela, de ahí que nos decidiésemos a...
leer más 30/12/2015
A axenda cultura de Foz para os primeiros días do ano 2016 inclúe diversas actividades para nenos e nenas, como a visita dos Bolechas; citas solidarias, como a representación teatral a cargo do grupo O Centiño, e a tradicional Cabalgata de Reis.
A concelleira de Cultura de Foz, Silvia Blach, anuncio hoxe que “o día 2 de xaneiro temos a visita do autobús dos Bolechas, dende as 12 ata as 19 horas no patio do colexio Número 1, con xogos, karaoke, ludoteca e fotomatón, actividades gratuítas para todos os nenos e nenas que se queiran achegar. Ese mesmo día haberá teatro na Casa da Cultura. Ás 20 horas imos ter ao grupo O Centiño coa súa obra O caldeiro máxico, a favor do Banco de Alimentos de Foz; así que animamos a todo o mundo que se achegue alí cun alimento non perecedoiro...
leer más 16/12/2015
Os alumnos da Escola de Música ‘O Pallarego’ ofrecerán un concerto solidario de Nadal o vindeiro venres 18 de decembro, baixo o título ‘Un Mundo no Nadal’. Será ás 20:30 horas no auditorio municipal Pascual Veiga.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, explica que se trata dun concerto dinámico, no que se compaxinará a música coa proxección de imaxes referentes ao país de orixe das pezas musicais. Interpretaranse panxoliñas de diferentes lugares do mundo que convivirán con música non navideña e participarán as diferentes agrupacións musicais da Escola, como son a banda, o grupo de percusión, o grupo de música e movemento, o coro e a orquestra.
Alberto García indica que o concerto terá...
leer más 16/12/2015
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebra o 27 de decembro, domingo, unha das citas tradicionais do seu calendario, o concerto Aquí como en Viena, que terá lugar un ano máis no Cine Teatro ás 20:00 horas. Esta actuación vai dedicada especialmente aos socios de Amadores da Música, aínda que a entrada é libre e gratuíta para o público en xeral.
O director da banda ribadense, David Ballester, explicou “separaremos o concerto en dúas partes, unha o Aquí e outra o Viena. O Aquí será de temas que toda a xente poderá recoñecer seguramente e que ademais son bastante alegres e movidos. Logo xa nos trasladaremos a Viena para interpretar todas estas polkas e bailes que comunmente se interpretan en Viena. Podería haber tamén algunha sorpresiña por aí polo medio e cara o final”,...
leer más 09/12/2015
A agrupación Cebolas Verdes Big Band dará este sábado, 12 de decembro, un concerto no Salón dos Espellos do Casino de Mondoñedo. O espectáculo dará comezo ás 23 horas e a entrada é de 5 euros para non socios. Os socios entrarán gratis.
01/12/2015
A I Semana de Jazz celebrarase en Burela entre o 5 e o 13 de decembro con numerosas actividades arredor do jazz, dende o concerto de músicos importantes da escena actual, como Andrea Motis & Joan Chamorro Quintet ata unha master class con Christos Rafaelides. Así o anunciou o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista contou que “este sábado, 5 de diciembre, a las 20:30 horas tenemos programada en el Auditorio de Burela una actuación de un grupo importante, muy conocido, sobre todo en el mundo del jazz, a nivel nacional, europeo y mundial, porque es una estrella joven, pero con muchísimo talento y futuro, que es Andrea Motis y su banda, Joan Chamorro Quintet”.
Segundo explicou o concelleiro burelés: “decidimos englobar...
leer más 23/11/2015
A Banda de Música Municipal de Ribadeo conmemorou a festividade de Santa Cilla cunha actuación que tivo lugar no Teatro ribadense o pasado sábado. E o 5 de decembro empezarán os ensaios para o concerto solidario que se celebrará o 3 de xaneiro de 2016 e no que actuarán os músicos que conforman actualmente a banda e outros que formaron parte dela en épocas pasadas.
No concerto do pasado sábado, dirixido por David Ballester, tocaron como solistas dous músicos da banda: o saxofón alto Martín García e o trompeta Rubén Solloso. E debutaron os irmáns Isaac e Nicolau Pazos Pérez, oboísta e saxo alto respectivamente. Ademais destes dous recibiron os diplomas que acreditan a súa incorporación oficial á banda de Ribadeo outros 11 músicos que entraron ou regresaron á formación nos...
leer más 17/11/2015
A banda de música municipal de Ribadeo conmemorará a festividade de Santa Cilla cun concerto que terá lugar no Teatro ribadense este sábado, día 21. E o 5 de decembro empezarán os ensaios para o concerto solidario que se celebrará o 3 de xaneiro de 2016.
Sobre o concerto deste sábado, o director da banda de Ribadeo, David Ballester, explicou que “nesta edición, como levamos facendo xa hai uns cantos anos, tocarán de solistas músicos da banda, que nesta ocasión serán saxofón alto Martín García e o trompeta Rubén Solloso. E outra parte do concerto estará dedicada plenamente a obras dun compositor holandés, Jacob de Haan. Aproveitando a data de San Cilla debutarán coa banda dous músicos máis: o oboísta Isaac Pazos Pérez e o seu irmán, o saxo alto Nicolau”. Ademais destes dous...
leer más