Concerto

Etiquetas:
04/07/2016
A programación cultural de Foz para este mes de xullo segue cun curso de piano, os concertos "Sons na rúa" e o Festival Vrao.
 
A programación cultural para este mes de xullo en Foz continúa esta semana coa celebración dun curso de piano e varios concertos.
 
Hoxe, luns, dá comezo un curso de técnica e interpretación de piano impartido por Elisa Rapado. Este curso rematará maña, martes, 5 de xullo. Para a vindeira semana está prevista a celebración dun curso de técnica e interpretación de guitarra, que correrá a cargo de Fernando Pérez. Esta actividade dará comezo o luns, 11 de xullo, e prolongarase durante os días 12 e 13 de xullo. O prezo de inscrición nestes cursos é de 25 euros e os interesad@s poden obter máis información na Escola de Música de Foz.
 
... leer más
Etiquetas:
28/06/2016
Modestia Aparte ofrecerá un concerto en Burela o 22 de xullo. As entradas poránse á venda anticipada o vindeiro martes, día 5.
 
O grupo Modestia Aparte ofrecerá un concerto en Burela o vindeiro 22 de xullo a partir das once da noite no auditorio municipal, segundo informa a Concellería de Cultura. 
 
Modestia Aparte é un grupo de pop rock español que se deu a coñecer a finais da década dos 80 e principios dos 90 con traballos como Cosas de la edad, Levántate, Historias sin importancia, etc. En 1994 aparecía un disco recopilatorio no que a banda se despedía. Anos máis tarde ábrese un segundo período para esta formación, que se iniciaba no ano 2002 e que discorre ata a actualidade. Modestia Aparte está formada por Fernando López, Javier Portugués, Iñaki Quijano e Carlos Palma. 
 
Os...
leer más
Etiquetas:
22/06/2016
A Coral Noves Veus de Capellades, de Barcelona, actuará este sábado, 25 de xuño, en Ribadeo. O evento estará organizado pola Coral Polifónica de Ribadeo.
 
O sábado, 25 de xuño, a Coral Polifónica de Ribadeo organiza un concerto que ofrecerá a Coral Noves Veus de Capellades de Barcelona.
 
Este concerto terá lugar no Auditorio de Ribadeo a pesar de que inicialmente estaba previsto no Cine-Teatro, e comezará ás 20:45 horas.
 
No inicio interpretará dúas pezas a Coral Polifónica de Ribadeo. Posteriormente a Coral Noves Veus de Capellades ofrecerá o seu concerto cun repertorio integrado por doce composicións entre as que figuran dúas habaneras.  Ao remate actuarán conxuntamente a Coral Polifónica de Ribadeo e a de Noves Veus de Capellades.
 
Etiquetas:
22/06/2016
Manolo Couto ofrecerá un concerto en Burela este venres, 24 de xuño. Será no auditorio municipal e con carácter gratuíto.
 
A axenda cultural da fin de semana en Burela inclúe este venres, 24 de xuño, un concerto de Manolo Couto no auditorio municipal e unha verbena coa orquestra Fénix, para celebrar o San Xoán, na rúa Eijo Garay mañá, xoves, a partir das doce da noite.  
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explica que “este viernes, día 24, tenemos una actuación musical en el auditorio municipal. Es Manolo Couto, cantautor que también hace versiones de música gallega tradicional, de rumbas, boleros y pasodobles. Lo tendremos en una actuación gratuíta a partir de las ocho y media de la tarde”.  
 
José Díaz engade que “para celebrar la noche de San Juan tenemos prevista una...
leer más
Etiquetas:
09/06/2016
Concerto de piano este sábado, 11 de xuño, no Cine Teatro ribadense a cargo de "Moitas máis que dúas Piano Ensamble".
 
Moitas máis que dúas piano ensamble, agrupación pianística xurdida no seo da Escola Municipal de Música e Danza, ofrecerá este sábado, 11 de xuño, ás 20:00 horas no Cine-Teatro un concerto no que se poderán escoitar obras de diferentes estilos que irán desde bandas sonoras ou versións de temas rock ata música clásica… integrados en diferentes formacións. 
 
A agrupación dirixida polo profesor de piano da EMMeD, Martín Bucki, está formada por 5 rapaces e rapazas que estarán acompañados nalgunhas das obras por alumnado de percusión e de danza.
 
A entrada será de balde.
Etiquetas:
19/05/2016
O cantautor vasco Álex Ubago ofrecerá un concerto acústico o vindeiro 28 de maio en Ribadeo. As entradas xa están á venda.
 
O vindeiro 28 de maio Alex Ubago ofrecerá un concerto acústico en Ribadeo. Alex Ubago é na actualidade un dos máis recoñecidos artistas especialmente en Latinoamérica, e ven de realizar dúas importantes colaboracións coa mexicana Maite Perroni e a italiana Laura Pausini. O último dos seus oito álbumes, Mentiras Sinceras, foi editado no 2013 e presentado ademais de en Latinoamérica en Estado Unidos nun tour no que ten realizado xa máis de sesenta concertos.
 
Na súa carreira conta con diversos galardóns como Premios de la Música, Discos de Oro e Platino e varias nominacións aos Latin Grammy.
 
O concerto que Alex Ubago ofrecerá en Ribadeo terá lugar no...
leer más
Etiquetas:
12/05/2016
Clave de Fado ofrecerá un concerto este venres, 13 de maio, no auditorio da Casa da Cultura. O grupo presentará "Xanelas", un disco con versións de grandes temas da música galega e portuguesa e outros propios.
 
O auditorio da Casa da Cultura acollerá mañá, venres, un concerto de Clave de Fado. Será a partir das 21 horas. Está organizado pola Concellería de Cultura, en colaboración coa Xunta, a Rede de Teatros e Auditorios e Agadic. 
 
Clave de Fado, fundado por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña, naceu a finais do 2009 como grupo de versións. O proxecto, deseñado pola súa vocalista, Iria Estévez, estaba orientado orixinalmente, á creación de versións de grandes temas da música galega e portuguesa partindo do fado, aportando unha visión nova sobre a música portuguesa por excelencia, o Fado.
 
O proxecto foi medrando, incluíndo outros estilos musicais, ampliando...
leer más
Etiquetas:
10/05/2016
O primeiro Concerto da Fraternidade terá lugar este venres, 13 de maio, no Centro Cívico de Xove. Os ensaios deron comezo hai uns días.
 
Os 4 Concertos da Fraternidade, que foron presentados hai uns días en Xove, xa están en marcha e tiveron unha cita importante, xa que unha boa parte dos participantes, non todos, xuntáronse no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para un ensaio do que vai constituír o primeiro concerto, que se vai desenvolver en Xove este venres, 13 de maio, ás 20:30 horas. 
 
As 4 agrupacións que participan (Conservatorio de Viveiro e Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo) xa están a realizar ensaios parciais do programa, cada unha na súa sede, ensaios que van continuar os vindeiros días ata a realización do primeiro concerto. 
 
Ademais do concerto...
leer más
09/05/2016
En Viveiro o 16 de maio haberá concerto de música de autores galegos con motivo da celebración das Letras Galegas.
 
O luns, 16 de maio, terá lugar en Viveiro un concerto de música de autores galegos seguindo coa programación do Concello con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.
 
Este concerto, que correrá a cargo dun Ensemble da Banda Municipal O Landro de Viveiro, comezará ás 21:00 horas e terá lugar no multiusos do Concello.
 
Os actos continuarán o día 17 coa actuación do grupo Sons de Celeiro e a Coral Alborada de Viveiro. Ésta principiará ás 12:00 horas e terá lugar na praza da Fontenova.
 
Etiquetas:
06/05/2016
De Vacas ofrecerá un concerto o 22 de maio en Burela, dentro do programa das Festas Patronais. Tamén haberá unha observación astrolóxica o día 29.
 
As festas patronais contarán no seu programa co concerto do grupo xuvenil De Vacas o día 22 de maio ás 21:30 horas no Auditorio con entrada gratuíta. Ademais na noite do 29 haberá unha observación astrolóxica ás 23:00 horas na praza do Concello.
 
O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, manifesta que “queremos desde la comisión de fiestas de Burela 2016 adelantar una actuación musical que va a haber bastante importante y que creemos que va a gustar mucho, para el domingo 22 de maio. Este año empezarán las fiestas el día 21, sábado, y al día siguiente en el Auditorio, tendremos la actuación de un grupo gallego que está muy de moda que lo hace muy bien y se llama De Vacas. Son tres chicas jovencitas que hacen versión gallega de...
leer más