Concerto

Etiquetas:
15/04/2015
O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá unha actuación do músico coruñés José Carballido. Será o 25 de abril ás nove da noite.
 
O músico coruñés José Carballido actuará no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o día 25 de abril, sábado ás 21:00 horas. Ofrecerá o seu espectáculo Khitara e o prezo da entrada é de 5 euros.
José Carballido presentou Khitara recentemente en Lalín e na Coruña, concretamente no Teatro Colón. Trátase dun espectáculo musical no que se presentan versións de grandes cancións do rock internacional rearranxadas e reinventadas para un conxunto instrumental de 4 guitarras e percusión. Xunto a José Carballido actúan Mónica Pita, Xosé Rodríguez, Daniel Añón e Diego Lestón.
 
Etiquetas:
21/03/2015
"Baladas da Galiza imaxinaria", un concerto de formato intimista de Uxía Senlle e Narf o 27 de marzo en Viveiro.
 
 
O venres 27 de marzo o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza no Teatro Pastor Díaz, en colaboración co Concello de Viveiro un concerto que contará coa participación da cantante Uxía Senlle e do compositor Fran Pérez NARF, "dous dos artistas do panorama actual galego máis influentes e que máis pontes teñen forxado a través da música con creadores de outras partes do mundo, en especial cos países de lingua portuguesa".
Por  primeira vez, UXÍA & NARF funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer as "Baladas da Galiza imaxinaria". Todas e cada unha destas cancións teñen unha historia detrás relacionada cunha viaxe, cun encontro e cunha experiencia vivida a través da música, e farán as delicias  daqueles que, con...
leer más
Etiquetas:
14/03/2015
Uxía Senlle e Narf participarán nun espectáculo conxunto no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o vindeiro 27 de marzo.
 
O 27 de marzo o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza no Teatro Pastor Díaz, en colaboración co Concello de Viveiro  un concerto que contará coa participación da cantante Uxía Senlle e o compositor Fran Pérez NARF, dous dos artistas do panorama actual galego máis influentes e que máis pontes teñen forxado a través da música con creadores de outras partes do mundo, en especial cos países de lingua portuguesa.
Tras anos de viaxes e experiencias de intercambio con artistas de Mozambique, Angola, Brasil, Portugal, Cabo Verde, Guinea Bissau, Arxentina,  Chile, Uruguai... tanto Uxía como Fran Pérez “NARF” foron construíndo os seus respectivos repertorios, xerando canción a canción, un pequeno ámbito de convivencia entre mundos culturais que nalgúns casos comparten a mesma orixe, e en todos a mesma paixón pola palabra cantada. Este lugar propicio para...
leer más
Etiquetas:
10/03/2015
O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 14 de marzo, un concerto de bandas. Será ás oito e media da tarde.
 
Dentro do programa de difusión cultural Adral 2015, que organiza a xunta de confrarías da Semana Santa de Viveiro, o teatro Pastor Díaz acollerá un concerto de bandas este sábado, día 14 de marzo, ás 20:30 horas.
Neste evento participarán a Banda Municipal de Música de Viveiro e a Banda Cultural e Recreativa de As Pontes (A Coruña).
 
Etiquetas:
26/02/2015
Eudemónicas ofrecerá un concerto-recital de música tradicional en clave feminina o vindeiro 7 de marzo. Será no Cine Teatro en Ribadeo.
 
A Concellaría de Igualdade e o CIM organizan diversos actos para conmemorar o 8 de marzo. Un deles será o concerto-recital de música tradicional en clave feminina que ofrecerá o grupo Eudemónicas. A actuación terá lugar o 7 de marzo ás 20:30 horas no Cine Teatro. 
Segundo explican desde o CIM “este grupo presenta nas súas actuacións un formato didáctico e un percorrido variado polas músicas tradicionais e o papel que nela xogaron as mulleres. Queren transmitir un recoñecemento ás portadoras de saberes”. E engaden: “inclúen sonoridades distintas: vogais, de corda, de vento ou percutidas. Grandes e pequenos fragmentos musicais coas historias que os acompañan”.
 
Etiquetas:
23/02/2015
Mondoñedo acollerá varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro este xoves, 26 de febreiro. Está organizados polo Concello.
 
O Concello de Mondoñedo organiza varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro, que terán lugar o vindeiro xoves, 26 de febreiro, a mediodía. 
Ás 12 da mañá terá lugar unha ofrenda floral. Ás 12:30 horas haberá unha lectura popular da obra cunqueiriana “Si o vello Simbad volvese ás illas”, no auditorio municipal Pascual Veiga. Segundo informan desde o Concello o inicio da mesma correrá a cargo do novo Cronista Oficial da Cidade, Antonio Reigosa Carreiras.  E para as 13 horas está programado un concerto a cargo de César Morán, tamén no auditorio municipal de Mondoñedo. 
 
Etiquetas:
03/12/2014
O Grupo Rosas ofrecerá este venres en Burela un recital de boleros. O concerto terá lugar a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura.
 
A Concellería de Cultura de Burela continúa coa súa programación cultural de outono para este ano 2014 e presenta o vindeiro venres, 5 de decembro, un concerto de boleros a cargo do Grupo Rosas. O recital terá lugar a partir das 21:00 horas no Auditorio da Casa de Cultura da vila e contará coa proxección dun montaxe audiovisual inédito. A entrada será gratuíta ata completar aforo. 
Tal e coma informan dende a Concellería de Cultura de Burela, o Grupo Rosas é unha formación nacida no ano 1998 para cubrir un espazo musical no Centro Catro Camiños de A Coruña, ofrecendo recitais en distintos programas de radio. Este grupo está integrado por Julia Mª Dopico á bandurra, Daniel Adzemian á guitarra e José Luís Mera como narrador. Dende os seus inicios levan participado en numerosas xiras e concertos,...
leer más