Escolares
A vila costeira de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca e do primeiro Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, que terán lugar entre o xoves 12 e o venres 13 de decembro.
O xoves 12 de decembro pola mañá (de 9:00h a 13:30h) celebrarase na Casa da Cultura de Burela o Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, no que alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos de Burela concentrarán todo o protagonismo da xornada.
Tra-la intervención da doutora en Historia Contemporánea e profesora do IES Monte Castelo, Herminia Pernas Oroza, “Unha ollada á contribución histórica do porto de Burela á pesca sostible”, os alumnos exporán os traballos que levan realizando nas últimas semanas sobre as prácticas respectuosas co medio mariño.
... leer másA Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividadesaos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, AureliaBalseiro e a Xerente da Rede Museistica, Encarna Lago.
García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do...
leer másA deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, mantivo este martes un encontro cos alumnos de Secundaria e Bacharelato do IES Ánxel Fole, do Concello de Lugo, que participan dende hoxe e ata o 21 de abril na Semana Escolar con Maruja Mallo. Nesta programación de actividades que organiza o Goberno da Deputación participan 9.000 alumnos, de 44 centros de toda a provincia que coñecerán a vida e obra da pintora viveirense Maruja Mallo. Con esta iniciativa o Executivo Provincial súmase á homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas.
O primeiro día os alumnos fixeron unha pegada de carteis nos centros escolares. A continuación repartíronse os preto de 9.000 exemplares do libro que a Deputación pon a disposición do alumnado de ESO e bacharelato. Durante a semana lectiva...
leer más